Xuvenil Norte: O Zas bótalle o freo ao Dumbría B mentres o Malpica forte
Xa van 6 xornadas, das 22 de campionato, e xa imos vendo cales poden ser o 4 equipos que se clasifiquen para a fase. O Malpica segue cun gran ritmo, e o sábado superou a un Cabana que tamén pode estar entre os de arriba.
O partido da semana era o Zas-Dumbría B, onde os zaenses demostraron que os dumbrieses terán que loitar esta liga. Tamén andan por aí arriba o Camariñas, que vencía ao Corme, e o Ponteceso, que xa comexou a carburar e ten moito potencial.
Cabana - Malpica (2-5)
- CABANA: Dani Mato; Valiña, Iván Castro, Pazos, Román (Manuel, min.65), Álex Mato, Álex Rodríguez, Miki, Iván Mato (Cristian, min.75), Moreno, Iván García (Stefan, min.20).
- MALPICA: Jesús; Miguel Ángel (Víctor, min.50), Jorge, Javier, Pepis (Quintas, min.70), Joro, Juny (Roque, min.85), Eme, M. Uruguaio, (M. Maradona, min.60), Adra, Camilo.
- Goles: 0-1, min.3: Eme de penalti sobre Camilo; 1-1, min.38: Miki tras unha internada pola banda 1-2, min.47: Juny. 1-3, min.55: M. Uruguaio a pase de Adra; 1-4, min.60: Juny a pase de Adra 1-5, min.65: Juny tras outro excelente pase en profundidade de Adra. 2-5, min.80: Cristian de penalti.
- Expulsión: o local Pazos no min.60.
- Lesións: Iván García e Iván Mato con sendas escordaduras.
Nova vitoria deste Malpica que segue demostrando moito potencial atacante. Xa saíu arrollando o cadro cabanés e aos 3 minutos Eme puña por diante ao cadro visitante. Pero o Cabana prantouse mellor sobre o terreo de xogo e tomou o mando. Miki empatou antes do descanso.
Pero a segunda metade foi de cor visitante, e xa dende o primeiro minuto dominou e tivo as mellores ocasións. Os cabaneses venderon cara a súa derrota pero o Malpica demostrou superioridade.
Zas - Dumbría B (3-3)
- ZAS: Tívoli, Josito, Adri, Pablo, Oli, Kevin, Ramón, Quintáns, Isma, Víctor, Esteban, Juanchi, Tomás.
- DUMBRÍA B: Brais, Yerai (Andi), Roberto (Víctor Alcaina), Martín, Kevin, Pereira, Dani Picallo, Josiño (Samuel), Roi, Jesús, Adrián Alcaina (Cristian).
- Goles: 1-0, min.10: Víctor; 1-1, min.20: Jesús; 2-1, min.25: Víctor; 2-2, min.35: Kevin; 3-2, min.40: Víctor; 3-3, min.75: Roi
- Expulsións: os zaenses Quintáns, Ramón e Adirán.
Igualado o encontro entre Zas e Dumbría B. Os de Severino botaron o freo aos rapaces de Angel López Canosa tras 4 encontros imbatido. E iso que o propio Severino apunta que "home a home, temos mellor equipo deles".
Foi un partido de poder a poder, onde os zaenses sempre foron un gol por diante no marcador, pero os dumbrieses sempre foron capaces de levantarse e empatar. Así foi a primeira metade. Xa aos 10 minutos Víctor, o goleador da tarde, puña por diante aos locais. Jesús facía o empate de contado, pero sen tempo para dixerilo, Víctor puña de novo ao Zas arriba. Antes do descanso aínda chegarían dous tantos máis, un por bando, marchando o Zas aos vestiarios cun 3-2 que prometía unha segunda metade de infarto.
Na segunda, tras unha entrada dura, o partido volveuse algo bronco. Bronco e tolo, xa que os afeccionados de ambos equipos foron quentando o choque ata case que invadir o campo. Xa contra o final, o Dumbría acadaría un empate que o mantén na segunda posición.
Baio - Coristanco (2-2)
- BAIO: Guille, Maikel, Pablo, Penelo, Cachopo, David, Rafa, Bieito, Cristian, Martín, Anxo (Silvariño, min.60).
- CORISTANCO; Nacho, Cristian, Martínez, Pichel, Corral, Dani, Rubén, Manuel, Martín, Magovi. Tamén xogaron: Mosquera, Toño, Adrián, Brais, Naya.
- Goles: 0-1, min.20: Magovi; 1-1, min.55: Martín; 2-1, min.60: Cachopo; 2-2, min.80: Magovi.
Tras uns primeiros 20 minutos de control local, o Coristanco comezou a apretar e mesmo se puxo por diante por medio de Magovi. O encontro seguiu igualado moitos minutos, cun toma e daca sobre todo no medio campo. Non puido empatar o equipo local ata pasados 10 minutos do segundo tempo, cando Martín facía a igualada. 5 minutos despois foi Cachopo o encargado de materializar unha xogada e poñer o 2-1 no marcador.
E xa contra o final, de novo o Coristanco, no que cómpre destacar a presencia de Manuel como cadete de primeiro ano e cunha participación fundamental, conseguíu empatar. tamén por medio de Magovi. Este tanto despistou aos locais que permitiron 3 ocasións nos pés de Brais, Magovi e Adrián que puideron supoñer unha vitoria non tan merecida para os visitantes.
Muxía - Ponteceso (0-7)
- MUXIA: Cristian, Antoniño, Jose Ramon, Fabian, Fran Bello (Brais, min.46), Cris, Julián, Ismael (Santi Negro, min.65), Fran sambad (Andrés, min.70), Felipe (Quico, min.60) e Pesqui.
- PONTECESO: Xurxo (Dani, min.75), Dani Valle, Diego Collazo, Fabián, Guille, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Borja (Mendieta, min.55), Cristian, Puente (Diego, min.55), Jorge (Ismael, min.55).
- Goles: 0-1, min.15: Puente; 0-2, min.25: Puente; 0-3, min.40: Jorge; 0-4, min.47: Borja; 0-5, min.60: Jorge; 0-6, min.75: Cristian; 0-7, min.80: Mendieta.
A veteranía dos locais non puido coa xuventude dos pontecesáns, que cando saen competitivos, e ademais se poñen por diante os de Mato, teñen vimbios para acadar grandes resultados. O gol de Jorge antes do descanso sentenciou o partido.
Corme - Camariñas (1-2)
- CORME: Javi, Sergio. Koeman, Lesi, Iván, Jorge, Antonio, Eloy, Dani, Juanma e Brais.
- CAMARIÑAS: Álvaro, Juanchi, Diango, Manuel, Bieto Villar, Gatusso, Saviola, José Carlos (Ismael, min.45), Martín (Yago, min.45), Nené e Yuyo.
- Goles: 1-0, min.35: Eloy; 1-1, min.65: Yuyo; 1-2, min.78: Saviola.
- Expulsións: Un xogador local no min.70 e Bieito Villar no min.73.
Moi mala primeira parte do Camariñas, posiblemente a peor dende que deu comezo a competición ligueira. Tan só creou certo perigo a balón parado e nun man a man que Yuyo non acertou a resolver. Sen embargo sería o renovado conxunto cormelán o que se adiantaría no marcador cun auténtico golazo, imposible de atallar para Álvaro.
Cambiou a imaxe visitante na segunda metade, que pasou a xogar con tres atrás e a tentar levarse os 3 puntos. Tras intentalo con varios disparos dende larga distancia, sería Yuyo quen resolvería ante Javi tras un gran pase de Nené. Seguiron os da Vila do Encaixe buscando levarse o partido, e a escasos dez minutos do final unha boa apertura de Diango a Saviola acabaría co disparo cruzado deste último aloxándose na portería.
Intentouno o Corme nos minutos finais, pero sen chegar a portería de Álvaro con claridade e inclusive o Camariñas puido anotar o terceiro á contra.
Máis información
Novas relacionadas
- QPC MOTOR: Fin de semana de abandonos nos rallis de Llanes e na Baixa Limia para os pilotos costeiros.
- Xuvenil Sur: Cee e Outes continúan comandando.
- 3ª Autonómica: 10 equipos para 6 postos.
- 2ª Autonómica: Golpe do Camariñas.
- Preferente: Só un punto entre os 4 equipos costeiros,
- 1ª Autonómica: Co motor a medio gas.
- Resultados deste fin de semana estival de mediados de outuro.
Máis novas
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o blog da SCD Malpica de Luís E. Porto.