Domingo. 14.07.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Xornada de goles

Xuvenil Norte: Xornada de goles
Fin de semana de goles na Liga Xuvenil Norte. 34 goles en 5 partidos así o ratifican. Parece que volve a diferencia entre o grupo de arriba e os de abaixo, pois as goleadas de Dumbría B, Malpica e Zas foron severas. Con todo, semella que só o Malpica poderá parecerse ao Corme do ano pasado, para intentar seguir o ritmo do Dumbría B. Polo de agora, os de Ventanas suman 6 puntos, 12 goles a favor e 1 en contra en 2 partidos, os mesmos números do equipo malpicán pero en 3 encontros. Invitámosvos a participar con nós, enviándonos todo tipo de información e fotos dos encontros e poder así chegarmos a cada campo da Costa. Estamos en [email protected].

Muxía - Baio (3-3)

  • MUXÍA: Cristian, Antoniño, Fran Bello, Fabián, Jose Ramón, Julián, Cris, Ismael, Peski (Brais, min.46), Felipe (Kiko, min.64) e Fran Sambad (Gerardo, min.66).
  • BAIO: Poyo (Guillermo, min.46), Edgar (Valentín, min.46), Yago, Pardo, José Manuel, David, Fachal, Iván, Lucas, Bieito e Martín.
  • Goles: 1-0, min.12: Peski a pase de Fran Sambad, 2-0, min.21: Peski de tiro lonxan; 2-1, min.30: Iván de penalti; 2-2, min.60: Martín de cabeza; 2-3, min.65: Iván; 3-3, mi.78: Gerardo dende o borde da área.
Comezaba o Muxía ben situado sobre o campo de Arliña e Peski amenazaba, e tamén abría o marcador. O Baio respondeu cunha clarísima ocasión de Lucas. Pero Peski respondeu cun tiro lonxano que sorprendía o porteiro Poyo e puña o 2-0 no marcador. Un penalti metía no partido aos baieses e as forzas comezaron a fallar nas filas locais. Tralo descanso, a lesión de Peski deixou sen referencia aos muxiáns, e o Baio fíxose con control total do choque. Arrimaron os de Nacho ata remontar por medio de Martín e Iván. Pero aínda non se rendira o Muxía. Case sen forzas, aproveitaron a relaxación baiesa e un erro do colexiado. Unha falta que debería ter sido para o Baio, era rematada polo fillo do novo presidente do Muxía, Gerardo, para poñer o empate final.

Dumbría B - Camariñas (6-0)

  • DUMBRÍA B: Brais, Yeray, Toja, Andi, Roberto (Isma, min.80), Adrián Alcaina, Pereira, Josiño, Rodrigo, Picallo e Mario (Iago, min.75).
  • CAMARIÑAS: Álvaro, Juan Carlos, Diango, Iago, Bieto Villar, Saviola (José Carlos, min.40), Gatuso, Martín (Ismael, min.46), Javi (Mateo, min.70), Nene e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.10: Yeray; 2-0, min.25: Rodrigo; 3-0, min.30: Picallo; 4-0, min.40: Mario; 5-0, min.55: Rodrigo; 6-0, min.75: Toja.
"Non había nada que facer ante esta selección", comentan dende Camariñas. I é que o cadro visitante aguantou media hora, pero a maquinaria dirixida por Ángel Ventanas comezou a funcionar e mallou na meta de Álvaro. Tan só con 15 xogadores conta Ángel, pero se non hai baixas e/ou suspensos, asumen o seu papel de favoritos.

Ponteceso - Zas (1-6)

  • ZAS: Miki (Tívoli), Kevin, Amado (Esteban), Ramón (Gonchi), Oli, Quintáns, Josito, (Oscar), Adri, Pastor, Isma e Víctor.
  • Goles: 0-1, min.5: Ramón de falta; 0-2, min.15: Adrián; 0-3, min.25: Pastor; 1-4, min.30; 1-4, min.40: Ismael de penalti; 1-5, min.60: Isma; 1-6, min.75: Víctor.
Nota a melloría o equipo zaense e pasou por riba do Ponteceso de Mato. Ademais, os de Severino contaron coa sorte de marcar pronto, e puideron liberaron o xogo que levan dentro. Aínda así, contan coa baixa de Rony, que rompeu un metatarso no partido co Cabana, e estará un mes de baixa.

Malpica - Corme (7-0)

  • MALPICA: Ángel; Miguel Ángel (Roque, min. 70), Jorge, Javier, Pepis, Joro, Juny (Camilo, min.53), Diego (Víctor Novo, min. 66), min. Uruguaio (Almeida, min. 68), Adra e Quintas (min. Maradona, min. 57).
  • CORME: Javi, Alberto, Lesi, Koeman, Iván Reixia, Pejo, Antoniño, Dani, Percebe, Juanma e Brais.
  • Goles: 1-0, min.36: M. Uruguaio; 2-0, min.43: Adra, de espléndido tiro con efecto; 3-0, min.48: M. Uruguaio; 4-0, min.52: Juny; 5-0, min.56: Quintas; 6-0, min.69: M. Maradona, ao culminar unha espléndida xogada de todo o equipo; 7-0, min.90: Almeida.

Gran partido do Malpica que foi moi superior aos noviños xuvenís cormeláns. Ademais a tarde viviu goles de bella factura, como o de Adra dende lonxe ou a xogada do sexto gol culminada por M. Maradora.

Coristanco - Laxe (3-2)

  • CORISTANCO: Nacho, Gonzalo, Martínez, Corral, Adrián, Naya, Toño, Brais, Dani, Rubén, Magovi. Tamén xogaron: Mosquera, Cristian, Martín, Jonhatan e Sergio.
  • LAXE: Anxo, Adrián, Dani Pérez, Juan, Eloi, Mosqueira (Adelantado, min.55), Rellán, Mario (Ferro, min.81), Yamel, Carril e Adrian Lema.
  • Goles: 1-0, min.35: Magovi; 2-0, min.60: Magovi; 2-1, min.68: Rellán; 3-1, min.75: Brais; 3-2, min.85: Adelantado.

Non xogou mal o Laxe na primeira metade, pero sen embargo acabou por abaixo no marcador tras un erro defensivo aproveitado por Magovi, que xunto a Dani no medio, e do cadete Jonhatan pola banda, foron os mellores do conxunto local. Na segunda metade e cun equipo moi novo, os de Laxe baixaron o ritmo e só recurtaron case co tempo cumplido pero nunca deron a sensación de poder empatar.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios