Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Fallan os que máis o necesitan

Xuvenil Sur: Fallan os que máis o necesitan

Segue a loita pola 3ª e 4ª praza sendo o meirande atractivo da Liga Sur e da Liga Norte. Polo sur, só o Fisterra, ademais do Cee que segue ao seu, sumou 3 puntos que lle dan unha vantaxe contra os outros 3 equipos, que fallaban ante conxuntos supostamente inferiores.
A derrota do Outes ante o Corcubión e os empate do Soneira ante o Dumbría A e do Santa Comba ante a Esteirana, apreta se cadra máis esas prazas.

Outes - Corcubión (1-2)

  • OUTES: Jona, Jurado, Rafa, Juan (Pedrosa, min.72), Alex, Chía, Maduro (Sergi, min.46), Sergi (Babu, min.46), Elías, Pablo, Abraham (Piti, min.65)
  • CORCUBIÓN: Abe, Iván, Pablo, Toni, Adrián, Sergio, David, Javi (Adri min.75), Lagoa, Gabi, Lema.
  • Goles: 0-1, min.14: Lagoa tras un rexeite do meta da Serra a unha falta de Lema; 0-2, min.25: Javi de vaselina tras un pase de Lema; 1-2, min.75: Michi, de penalti por mans de Sergio.
  • Expulsión: o xogador local e o míster corcubionés Alfonso.

Comezou o partido entre unha intensa choiva que por momentos foi amainando pero deixaba anegado o terreo de xogo.
O cadro corcubionés comezou mandando e no minuto 15 da primeira metade unha falta botada por Lema dende o pico da área, foi rexeitado polo porteiro e Lagoa marca nunha xogada de estar atentos. Tan só 10 minutos despois un balón roubado case na área propia por Lema, este bota un pase en largo a Javi que por velocidade lévase a defensa e pica o balón por enriba ante a saída do porteiro. Case chega o terceiro 5 minutos despois cando Lema dende 40 metros pégalle duro ao balón e este pega no traveseiro e sae por enriba.
O Outes nesta primeira metade non creou moito perigo ante a portería de Abelleira. Alfonso, o míster corcubionés foi expulsado por protestar varias xogadas.

Na segunda metade parou a choiva e parece que eso fixo que o Outes fose a polo partido, pero xogadas do Corcubión como unha parede entre Lagoa e Gabi dentro da área que foi detida polo porteiro, dábanlle toques de atención ao Outes para que non se despistara.
Aos 30 minutos chegaría unha xogada clave, un penalti por supostas mans de Sergio puxo o marcador moi apretado ao transformalo o conxunto local. Nestes últimos 15 minutos de encontro foron de ataques seguidos do Outes en busca do partido cun Corcubión encerrado atrás, polo cansancio e tan só 13 xogadores dispoñibles na plantilla, pero con contras perigosas ao estar o terreo de xogo moi rápido. Nunha destas xogadas, Lema, que non tivo o seu día de cara ao gol, dentro da área fixo unha chilena que volveu dar lo longueiro da portería.

Soneira - Dumbría A (1-1)

  • SONEIRA: Víctor, César (Rubén, min.55), Pichón, Héctor, Curra, Canosa, Toja (Cachirulo, min.75), Richi, Picachu, Figueroa, Capote.
  • DUMBRÍA A: Aitor, Cristian, Dito, Adri Ozón, Blanco, Antón (David, min.60), Javi, Martín, Rafa (Brais, min.90), Israel e Marco (Ruben, min.88).
  • Goles. 1-0, min.15: Richi tras un saque rápido de falta; 1-1, min.35: Blanco.

Unha parte para cada equipo e un empate case que xusto, iso que o meta dumbriés Víctor salvou un par de mans que puideron significar os 3 puntos para o equipo de Pablo.
Dominou o Soneira de José Ángel a primeira metade e se adiantou nunha xogada de pillería de Richi, que sen pedir barreira aproveitou o despiste da defensa dumbriesa colocándoa. Na segunda foi mellor o Dumbría, que aproveitou que estaban algo atenazados os xogadores soneiráns pendentes case máis do partido da vindeira semana ante o Cee.

Fisterra - Muros (5-1)

  • FISTERRA: Angel, Cristian (Iski, min.80), Javi, Noé, Rubén, Suárez (Miguel, min.65), Gabriel (Juanfran, min.73), Champi, Manuel (José Manuel, min.78), Hidalgo, Bruno.
  • Goles: Manuel (2), Champi, Gabriel, Cristian por bando fisterrán.

Pouco que contar dun partido dominado polos locais ante o novo Muros que segue crecendo. Así e todo pouco fútbol viuse en Ara Solis.

Santa Comba - Esteirana (2-2)

  • SANTA COMBA: Pablo, Josito, Alberto, César, Landeira, Styven (Marcos Álvarez, min.80), Jordi (Luís, min.55), Miguel (Oreiro, min.65), Marquiños, Iván.
  • ESTEIRANA: Matías, Meco, Abel, Codesido, Diego Racha, Eloy, Ruso, Bruno, Jacobo (Adrián, min.46), Canario, David.
  • Goles: 0-1, min.20: David; 1-1, min.52: Miguel; 2-1, min.65: Diego Maneiro de penalti; 2-2, min.90: David.

Partido bonito en Santa Comba, cunha Esteirana dirixida por Diego que prantou cara, sobre todo na primeira metade, a este potente Santa Comba de Huelvis. O Santa Comba arrincou frío e tivo que ir a remolque durante case todo o partido. A primeira metade foi dominada polo conxunto visitante que se adiantou e marchou con vantaxe aos vestiarios.
Na segunda mellorou o cadro xalleiro que remontou, cun gol de Miguel á volta do descanso e un penalti que os visitantes viron fóra da área. Pero o tanto final David deixou untas xustas táboas no marcador.

Cee - Mazaricos (2-1)

  • CEE: Iván, José Ramón, Jesús, Rubén, Tonecho, Aitor, Tebo, Chiru, Carlos, Pablo, Uri. Tamén xogaron: Michi, Abraham, Iago, Isma e Brais.
  • MAZARICOS: Rubén, Carballo, Oreiro, Javier, Fran, Alberto (Jose, min.80), Ferreiro, Sandelo, Mario, Cristian, Alex (Molinos, min.50).
  • Goles: 1-0, min.30: Carlos ; 2-0, min.60: Chiru coa axuda do meta visitante: 2-1, min.83: Molinos

Foi superior o Cee durante todo o partido, pero cun baixo ritmo de xogo. Ademais, a relaxación permitiu que recurtase o cadro de Brais e Kevin.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios