luns. 02.12.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Os de arriba tamén sofren

Xuvenil Sur: Os de arriba tamén sofren
Xornada 13 da Liga Xuvenil Sur e o título segue sendo cousa de 2. O Santa Comba vencía con comidade en Muros. Pero o Soneira non o tiña tan fácil ante un Corcubión que loitará co Cee, co Fisterra e co Muros pola 3ª praza. E lembren que esta Liga está patrocinada pola Discoteca Zona Zero, que estes vindeiros sábados ten as copas máis baratas que nunca: a 3,50€. E prepárense por este sábado 29 teremos a Festa da Muller con striptease masculino...

Soneira - Corcubión (2-1)

  • Soneira: Victor, Vicente, Alberto, Pichón, César (Marcos, min.60), Dani (Suso, min.70), Mayor, Cristian (Alberto, min.75), Ismael, Fernando, Basti.
  • Corcubión: Abe, Chema (Zaca min.70), Sergio, Pablo, Marcos, Iván (David min.45), Toni (Pico min.60), Gabi, Lema, Manu, Brais (Cristian min.64).
  • Gol: 1-0, min.20: Cristian; 2-0, min.30: Basti; 2-1, min.44: Manu.
Encontro disputado entre o primeiro e o terceiro clasificado do grupo 3 da Primeira Autonómica Xuvenil. Un encontro no que puidemos ver un gran partido entre ambos conxuntos a pesar do vento e frío que azoutaron este pasado fin de semana en Galicia. Na primeira metade ambos conxuntos foron a demostrar o seu poderío futbolístico con grandes oportunidades de gol en ambas porterías. No 28, un balón que queda no borde da área, é golpeado por Cristian pasándolle por entre as pernas ao porteiro visitante. 13 minutos despois, o goleador soneirán, Basti, fixo o 2-0 tras unha mala falta sacada polo Corcubión na frontal da área local, o rexeite quédalle o Soneira, que tras unha contra ben sacada, puxo a clara vantaxe no marcador. Un minuto antes do descanso Manu, aproveitando a velocidade do equipo dirixido por Alfonso, marcou facendo posible unha remontada dos da vila de San Marcos. Tralo descanso o Corcubión veuse arriba, véndose capaz de marcar aproveitando o vento a favor. Pero non se moveu o marcador no que quedaba de partido, aínda que se dispuxeron de moitas ocasións por mabos bandos pero os cancerbeiros defenderon a súa zona perfectamente. Ao finalizar o partido, houbo pequenos rifirrafes entre os dous equipos trala tensión do encontro, aínda que o colexiado non anotou nada na acta, xa que marchou para o vestiario sen que os dous equipos entrasen diante del e cun xogador tendido no céspede por mor dunha lesión. A todo isto, o Corcubión xa presentou as alegacións pertinentes contra o colexiado pola súa actuación ao rematalo encontro.

Muros - Santa Comba (1-5)

  • Muros: Trozo, Berni, Javi de Vístete (Iván, min.60), Bolo, Iago (Elías, min.70), Álvaro de Baño (Manel, min.46), Fernando, Gabriel El Guapo, Geiko, Santi Chuvasco, Santi de Pura (Modesto, min.46).
  • Santa Comba: Pablo, Martín, Sergio, Dani Martínez, David, Javito, Marquiños, Anxo, Iván, Cristian, Diego. Tamén xogaron: Josito, Marcos, Pombo, Pinki, Daniel.
  • Goles: 0-1, min.20: Cristian tras un córner; 2-0, min.25: en propia meta; 3-0, min.55: Marquiños polo pao curto tras unha xogada por banda; 4-0, min,60: Iván; 5-0, min.70: Marquiños picoulla ao porteiro tras un recorte; 1-5, min.75: Bolo.
  • Expulsión: Fernando aos 44 min.
    • Cee: Adrián, José Ramón, Iago, Rubén, José Antonio, Chiru, Isma Lamela, Diego Cespón (Uri, min.70), Moncho (Aitor, min.80), Sergio (Isma Trinidad, min.60), Santi (Armando, min.46).
    • Dumbría: Trillo, Fabián (Roi, min.46), Dito (Rubén, min.80), Samuel, Jose, Adrián Alcaina (Adrián Ozón, min.60), Blanco, Israel, Javi (Martín, min.60), Marco, Damián.
    • Goles: 0-1, min.20: Marco; 1-1, min.30: Diego Cespón; 2-1, min.55: Diego Cespón; 3-1, min.70: Moncho; 4-1, min.85: Moncho.
    • Fisterra:
    • Outes: Yona, Rafa, Piti, Juan, Chía, Pablo (Beckam, min.89), Daví (Babu, min.46), Alfonso (Sergio, min.46), Edu (Pablo, min.80), Piki, Alex (Rubén, min.86).
    • Goles: 1-0, min.5: 1-1, min.10: Alfonso; 1-2, min.77: Sergio; 1-3, min.78: Piki; 2-3, min.80; 2-4, min.82: Alex.
    • Esteirana:
    • Mazaricos: Rubén, Alex, Oreiro, Javier, Mipadre (Carballo), Alberto (José), Ferreiro, Mario (Dani), Molinos, Sandelo, Kevin.
    • Goles: 1-0, ; 1-1, min.40: Molinos; 1-2, min.50: Kevin; 2-2,min.; 2-3, min.60: Molinos; 3-3, min.
  • Non fallou o Santa Comba ante un Muros con sensibles baixas. O encontro estivo bastante controlado polos xalleiros. Co 0-2, co que se chegou ao descanso, puido chegar o 1-2 pero o colexiado sinalou fóra de xogo e os muradáns tiraron a toalla e non aguantaron o forte ritmo do colíder. Un Santa Comba que finalmente é adestrador por Manolo Suárez, o segundo de Gelucho na 3ª División.

    Cee - Dumbría (4-1)

    Empezou o Dumbría mellor aproveitando a falta de intensidade dos locais. De feito os dumbrieses puxéronse por diante no marcador. Antes do descanso Diego Cespón anotou a igualada e as berraduras de José Carlos serviron para poñer en marcha o equipo. Na segunda metade si que foi superior o Cee, i é que o equipo de Pablo Conde segue acusando a extremada xuventude (6 cadetes e o resto de primeiro ano) e o campo fíxoselles moi grande.

    Fisterra - Outes (2-4)

    Primeira derrota do Fisterra en Ara Solis dende que o campo está listo. I é que o Outes aproveitou a velocidade dos homes de arriba dos de Tomé, especialistas en velocidade. E iso que o encontro estaba tranquilo ata que rompeu e en 5 minutos anotáronse 4 tantos. Á contra o Outes matou o partido.

    Esteirana - Mazaricos (6-3)

    Encontro igualadísimo durante a primeira hora de xogo, con constantes alternativas no marcador, e que sentenciou a Esteirana no último cuarto de hora. De feito, ao descanso reflexaba un 1-1 moi claro. O Mazaricos mesmo se puxo por diante por dúas veces pero os de Uru conseguiron remontar. Ao final, tralo cuarto gol local, os de Brais e Kevin tiveron que subir filas e os locais machacaron o partido en dúas contras mortais.

    Patrocina esta Liga

    Máis información

    Máis información

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios