Xuvenil Sur: Pouco a pouco sacando conclusións
2ª xornada da Liga Xuvenil Sur e xa podemos sacar algunha conclusión. Parece que Cee e Outes comezan moi forte e suman 6 puntos. Haberá que ter ollo co Fisterra, e de seguro que Soneira, Corcubión e Santa Comba tamén andarán pola zona alta.
Pola zona baixa (saben que esta sorpredente liga rematará cos 4 primeiros equipos clasificados para unha fase de ascenso e só serán o resto, cos do Gr.4 os que participen na Copa, o que provoca que moitos equipos prefiran quedar de 5º que de 3º) son varios os equipos novos que van sufrir. O Muros está en proceso de formación con moitos rapaces recén chegados a un campo de fútbol; por Dumbría, o cadro de Pablo Conde tamén está formado por rapaces de 1º ano.
E facemos un chamamento a xogadores, afeccionados e directivos dos clubes. Gustaríanos chegar a todos os campos, para o que pedimos a vosa colaboración enviándonos fotos dos partidos e calquera información sobre os mesmos. Estamos en [email protected], polo Tuenti ou a través do noso Facebook.
Muros - Outes (0-3)
- MUROS: Trozo, Santi de Pura, Diego, Malaca, Javi de Vístete, Alberto, Minos, Samuel, Adrián, Santi Berberecho, Moncho. Tamén xogaron:Iván, Sergio, Javi Pacola, Dieguiño.
- OUTES: Jona, Alex, Jurado, Chía, Juan (Rafa, min.73), Pablo, Nine (Pedrosa, min.46), Sergio (Abraham, min.68), Edu, Piti (Babu, min.46) e elías (Rubén, min.81)
- Goles: 0-1, min.5: Elías; 0-2, min.74: Babu; 0-3, min.85: Edu.
Sorprendentemente a expulsión do visitante Chía foi a palanca da reacción dos de Outes que estaban sendo superados polos veciños de Muros. Así e todo, os de Nieto melloraron moito e fixeron un gran primeiro tempo.
Na segunda, cambiaron as tornas e o Outes controlou o partido, e mesmo se permitiron desaproveitar unha pena máxima (min.66), Pablo non estivo acertado no lanzamento. No cadro local, as forzas flaquearon no último treito.
Esteirana - Cee (0-4)
- ESTEIRANA: Adán (Matías, min.46), Eloy, Meco, Pedro (Diego), Eloy, Alex, Javi Paluca, Jacobo, Agustín, Bruno (Sián), David, Adrián (Jamper).
- CEE:
- Goles: 0-1: José Ramón; 0-2: Carlos; 0-3: Uri, 0-4: Rubén.
Os de José Carlos demostraron no Xosé Vara Oliveira que están en forma. Así e todo non o tivero fácil, e só tras dous regalos da defensa local conseguiron encarrilar o choque. Ademais os esteiráns, sobre todo o punta Adrián, marraron varias ocasións claras que puideron igualar a contenda. Pero na segunda, a pegada dos de José Carlos foi clave para sentenciar o partido.
Fisterra - Soneira (4-2)
- FISTERRA: Ángel, Gonzalo, Roberto, Noé (Cristian II, min.87), Javi, Cote (Miguel, min.80), Gabriel (Rubén, min.77), Cristian (Suárez, min.82), Bruno (J. Manuel, min.84), Hidalgo, Champi.
- SONEIRA: Víctor, César (Suso Boallo, min.62), Curra, Pichón, Héctor, Cachi, Cristian Figueroa (Efrain, min.72), Cristian Canosa, Capote (Angel, min.78), Ricardiño e Toja (Alberto, min.57)
- Goles: 0-1, min.15: Ricardiño; 0-2, min.35: Toja. 1-2, min.40: Champi; 2-2, min.50: Champi; 3-2, min.75: Cote; 4-2, min.80: Cristian.
Partido con lixeira superioridade local aínda que foi o Soneira, aproveitando dous erros defensivos, o que se puxo por diante 0-2 na primeira media hora. O cadro fisterrán seguiu fiel ao seu xogo e tras abrir a lata co primeiro gol os xogadores soltáronse e xogaron ben ao fútbol .
Na segunda parte, o Fisterra comezou a roubar máis balóns en campo contrario conseguindo boas ocasións, das que ata en 3 ocasións, remataron en gol para culminar a remontada. Cote e Champi os mellores no cadro de Roco.
Dumbría A - Santa Comba (2-2)
- DUMBRÍA A: Aitor, Roi, Samuel, Adrián Ozón (Dito,minuto 46), Jose Pérez, Israel, Blanco (Damian, minuto 65), Martín, Rafa (Antón, minuto 75), Javi (Charly, minuto 82), e Marco (Rubén, minuto 80).
- SANTA COMBA: Gaspar, Gabriel, Recarey, Andrade, Groucho, Estiven, Dani Martínez, César Espasandín, José Pazos, Marquiños, Diego Maneiro, Eloy, Javier Martínez, Iván Pastoriza. Tamén xogaron: Gabriel Arosa, Fran.
- Goles: 1-0, min.15: Rafa; 1-1, min.40: Marcos; 1-2, min.70: Marquiños; 2-2, min.72: Javi.
- Expulsión: o xalleiro Diego Maneiro tras unha tangana.
Encontro moi igualado no Conco que tivo de todo, rematando mesmo cunha pequena tangana que acabou con Diego Maneiro nos vestiarios e co delegado xalleiro tamén expulsado. Comezou o Dumbría mellor e puido sentenciartralo gol inicial de Rafa. Pero deixou vivo ao Santa Comba, que se foi facendo co control do xogo. Marcos empatou antes do descanso, e o Santa Comba controlou toda a segunda metade. Marquiños puxo por diante aos visitantes, pero Javi, nunha das poucas chegadas dos de Pablo Conde no segundo tempo conseguíu o empate. Contra o final, o propio Marquiños tivo dúas boas ocasións para decantar o encontro para os xalleiros, pero finalmente o encontro rematou en empate.
Corcubión - Mazaricos (5-1)
- CORCUBIÓN: Abelleira, Iván, Sergio (Martín), Adrián, Pablo, Lema, Javier, Gabriel (David Rama), Antonio, Iván Lagoa Adrián), Manu Lira (Mario).
- MAZARICOS: Rubén, Mario, Javi, Esteban, Fran, Alberto (Alex, min.46), José Ángel, Brandoñas, Sandelo, Cristian (Mipadre, min.70), Molinos.
- Goles: 1-0, min.15: Lema; 2-0, min.30: Manu Lira; 3-0, min.40: Manu Lira; 3-1, min.55: Molinos; 4-1, min.65: Lema; 5-1, min.75: Lema.
Pouca historia no Novo Cubaleiro. O Mazaricos non tardou en sucumbir ante as acometidas dos locais, e dende o segundo tanto o choque decantouse totalmente para o bando local.
Máis información
Novas relacionadas
- Xuvenil Norte: Unha doble Liga.
- 3ª Autonómica: Xa gañan todos.
- 2ª Autonómica: Xornada olímpica.
- Preferente: A comarca do Xallas toma o protagonismo.
- 1ª Autonómica: Adaptándose.
- Resultados desta xornada de loito no fútbol costeiro.
Máis novas
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora a SD Fisterra.