mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenís: Fisterra e Corme escapan ante os tropezos dos perseguidores

Xuvenís: Fisterra e Corme escapan ante os tropezos dos perseguidores
Fisterra SD Xuvenil O Fisterra segue facendo un temporadón Facemos esta semana, por circunstancias laborais, unha crónica máis rápida do normal para a Liga Unificada Xuvenil. A xornada 13 deixa a Fisterra e Corme algo máis alongados dos perseguidores, dos que só o Soneira conseguía sumar. Os fisterráns sacan 1 punto ao Corme, e deixan a 6 o grupo de perseguidores, comandando polo San Lorenzo, xa co Soneira aí metido, Esteirana e Cabana. O choque da xornada celebrábase nas Redondas, onde un Cabana á alza (a pesar da derrota da última xornada) recibía ao líder, un Fisterra case que intocable. O choque comezaba cun Cabana ben prantado, con algunha ocasión clara, pero era o Fisterra por medio de Dani o que abría o marcador. Fallou Cristian para empatar nun choque con perigo nas dúas áreas. Pero volvía ser Dani o que facía o segundo para os verdes tras unha gran xogada combinada. Non decaeu o Cabana e Pablo fixo un golazo pola escuadra, pero xa co equipo volcado (Simón mandou fóra un man a man) Iván facía a sentenza.

Dúas sorpresas

Outes Xuvenil tras vencer ao Cabana O Outes protagonizou unha das sorpresas da xornada tras vencer ao Cabana Unha das sorpresas da xornada deuna o Outes ante a Esteirana. Os de Lodeiro fixeron o que probablemente foi o partido máis serio da temporada, ben replegados atrás e sen fisuras. Sacaron dúas contras e Fran Lires e Rayan conseguiron dous tantos que valen moito. Os esteiráns intentárono de moites pero non tiveron sorte cara gol e protestaron algunha decisión arbitral. Ademais, en Verdillo, Os Miúdos sorprenderon a un San Lorenzo que levaba 6 partidos sen coñecer a derrota. Un choque marcado por tres erros defensivos que aproveitou a perfección o cadro muradán para ir 1-3 o descanso os Miúdos. A partir de aí na segunda o San Lorenzo recurtaba pronto pero os visitantes souberon sufrir e aguantar as embestidas dos de Juni.

Outros choques

Plantel do Sofán O Corme superou a un bo Coristanco que tardou en vender a súa pel, pero que non puido cos goles de Samu (de penalti), xa un habitual cos maiores, Manu Bermúdez, Mauro e Miguel. Foi un partido intensísimo, que comezaba cun ritmo tremendamente alto, cun Coristanco que estivo moi metido no partido ata o último cuarto de hora, dando a cara e chegando á área cormelá pero sen acerto. Clara foi tamén a vitoria do Ponteceso ante un Sofán con grandes problemas defensivos. Iván Rodríguez xa marcaba no minuto 2 e fixo un triplete, sendo Loureiro e Anido os que completaron a man. Ponteceso xuvenil 2 11 do Ponteceso Pola súa parte, en Corcubión táboas nun partido tolo, que comezaba cun cadro local meténdose cun claro 3-0 grazas ós tantos de David e Álex por partida dobre. Pero Laxe non se deu por vencido e conseguía ata remontar o partido cos goles do pichichi da categoría Santi Casas e meterse por diante mesmo cun home menos. Houbo momentos tensos e conflitivos, e foi finalmente Lojo de falta pola escuadra xa ó final faría a igualada. En Arliña o Baio levou os tres puntos de volta. Marcaron Sergio e Damián para os baieses, pero o choque estivo igualado e de feito, cando máis preto estaba o 1-0 para o Muxía, chegou o primeiro gol baiés de penalti. O cadro muxián, merecedor de moito máis, intentouno pero cando pintaba para o empate, sentenciou o Baio. Igualadísimo foi o derbi soneirán, que deixa ao Soneira metido na pomada, e iso que son case todos de primeiro ano. Comezaba o choque tolo, con chegadas nas dúas áreas. Adiantáronse os locais por medio de Nico pero Adrián recurtaba e conseguía darlle a volta e mandar ao Camariñas por diante ao descanso, facendo xustiza ao visto no campo. O Soneira adiantou liñas na segunda e foron moi efectivos, e Álex, Sergio en dúas ocasións permitían superar o gol de Joseba para os camariñás e levar os puntos, a pesar de quedar cun home menos. Era Sergio o que rompía a igualada a un minuto do final tras un bo pase filtrado entre os centrales de Brais.

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios