Xuvenís: O “catenaccio” dos Miúdos apaga ao Corme
17:46 03/06/18
O Corme Xuvenil co trofeo de Campión de Liga-Foto-Fin Lema
O vicepresidente da FGF Juan Villamisar entregando a Copa ao capitán do Corme Manu Bermúdez-Foto-Fin Lema
Non puido todo un Corme, campión ligueiro, coa tea de araña dos Miúdos no partido de ida da Copa da Costa Xuvenil. O choque, que servía para facer entrega do trofeo de campión de Liga ao cadro dirixido por Lelo, deixa unha eliminatoria costa arriba para os cormeláns, ante uns Miúdos de Manu Camello que teñen moi claro o seu papel.
No outro lado do cadro, o San Lorenzo sacou unha vitoria mínima ante un gran Cabana, nun choque no que a forza superou á calidade, pero que tamén deixa as cousas abertas para os de Juni e os de Fernando.
Corme - Os Miúdos (0-1)
- Corme: Lucas, Ángel, Brais, Aitor, Eloy, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Roque, Alex Mato, Noel, Fran Pombo e Pandi.
- Os Miúdos: Alberto, Ángel, Dani, Flavio, Xián, Gael (Mayo), Abel, Gesto, José (Siera), Ismiña e Rubén.
- Gol: 0-1, m.47: Rubén de falta.
San Lorenzo - Cabana (2-1)
O San Lorenzo Xuvenil- San Lorenzo: Darío, Eloy, Álex Fernández, Esteban, Fidalgo, Iván Cancela, Pablo, Jose, Ivito, Brais (Alberto, m.70) e Aarón.
- Cabana: Robert (Marcos), Yago, Manuel (David), Samuel, Dani, Breo, Cristian (López), Alberto, Simón, Castro e Nando (Rubén).
- Goles: 1-0, m.25: Jose bate por baixo diante de Robert tras unhas paredes con Aarón; 1-1, m.48: Simón tras varios rexeites; 2-1, m.88: en propia.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/xuvenis-o-san-lorenzo-superou-a-esteirana-na-unica-eliminatoria-apretada-dos-cuartos-da-copa/ https://quepasanacosta.gal/xuvenis-a-esteirana-dase-a-revancha-na-copa-ante-un-fisterra-que-pechou-dun-golpe-unha-gran-temporada/Máis información
- Os cadros da CopadaCosta e das Fases en www.copadacosta.com.