Martes. 15.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder

Xuvenís: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder
Cee-Lira-Foto-UCCee

Nova xornada das Ligas Xuvenís, que van servindo para ir colocando a cada quen no seu lugar. Polo Sur, o Dumbría parece que arrasa. Polo Norte, respírase máis igualdade, e o Ponteceso volvía coller o liderato.

Así e todo, a diferencia entre uns equipos e outros é moi grande e así o corroboran as goleadas colleitadas.

Por certo, os que esteades nos campos non dubidedes en enviarnos as vosas fotos dos partidos a través do twitter @quepasanacosta ou a través do correo [email protected], que así podremos facer un seguemento máis completo da categoría.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 5

Dúas vitorias contundentes, e dous partidos máis ou menos igualados. Ese é o saldo da 5ª xornada na que lle tocou descansar a Esteirana e XSC. O Dumbría parece imbatible, e o Mazaricos o sufríu na súa pel. O Cee xa colleu rutmo coa súa 3ª vitoria consecutiva e foi o Lira o que o pagou. Parece que o Fisterra tamén se entona e superou a un bo, pero romo, Outes.

Outes - Fisterra (0-2)

  • OUTES: Yoel, Samu, César, Brión, Rafa, Cutu, Álvaro, Adrián (Simón), Babu (Veleiro), Paulo (Ibra), Xurxo (Zeta).
  • FISTERRA: Ángel, Javi Suárez, Cartamil, Rubén, Beto, Noé, Gabi (Breixo, min.50), Manute, Adrián (Moisés, min.60), Benlloch (Josema, min.65), Abel (Santi, min.88).
  • Goles: 1-0, min.1: Abel; 2-0, min.13: Abel.

Aínda non atopa o xeito de facer dano ao rival o Outes, e o Fisterra, sen facer demasiado, levou os puntos do Cunchido. Os de Manu Roque apenas tiveron unha boa ocasión pero a fallaron, demostrando que seguen romos arriba. Polo menos, contan cunha boa nova como é a volta de Veleiro para o ataque trala súa lesión de clavícula, un dos xogadores franquicia que xa xogou o ano pasado cos maiores e que poderá facer moitas cousas.

Pola súa banda, o equipo de Guardiola segue cunha boa liña de resultados e se sitúa 3º con 9 puntos. O cadro fisterrán sentenciou nos primeiros minutos cando o punta Abel asinou dous tantos.

Mazaricos - Dumbría (0-12)

  • DUMBRÍA: Couto. Duarte. Roberto. Yeray. Anton. Pablo. Maikel. Alcaina. Kevin. Martin. Javi. Tamén xogaron: Lucas. Cabana. Oli. Portu. Fabián.
  • MAZARICOS: Samuel, Licerino, Rubén, Marcos, José Ángel, Borja, samu, David, Raúl, Tiago, Chiki. Tamén: Marcos, Álvaro, Bruno, Guillermo.
  • Goles: Maikel (5), Javi (4), Portu, Pardiñas e Kevin.

Pouca historia nun encontro que xa marchaba 0-8 ao descanso cun Dumbría verdadeiramente imparable. O Mazaricos, aínda está máis verde que amarelo.

Lira - Cee (0-8)

Cee-Lira-Foto-UCCee
  • LIRA: Aitor, Xabi, Marcos (Cristian, min.89), Adrián, Piñeiro (Sergio, min.44), José, Javi (Dani, min.52), David, Saúl, Cibran (Isma, min.78), David Senra (Aitor, min.78).
  • CEE: Paulo (Argen, min.46), Tivi (Trillo, min.55), Jicho, Carlos Leis, Aitor, Esteban, Tebo, Rafa, Andrés, Ferrio (Kevin, min.46), Alex (Mario, min.46).
  • Goles: 0-1, min.23 Ferrío tras un córner; 0-2, min.37 Andrés pola escuadra tras un pase de Esteban; 0-3, min.42 Alex superando ao porteiro no man a man tras unha boa xogada persoal; 0-4, min.43 Rafa de tiro cruzado; 0-5, min.48 Aitor tras un córner; 1-5, min.55 David; 2-5, min.64 Saúl; 2-6, min.76 Kevin; 2-7, min.83 Esteban; 2-8, min.89 Andrés.

Terceira vitoria seguida deste Cee de José Carlos que a pesar da súa mocidade segue mellorando. Xa dende o comezo o cadro ceense foi polo partido ante un inexperto Lira, que está a pagar a novatada.

A primeira metade foi monocolor azul. A segunda comezaba igual, e en menos de 5 minutos os ceenses colocaban o 0-5 e se relaxaban. A partir de aí o Lira foise arriba e puido chegar a inquedar a Paulo.

Cee-Lira-Foto-UCCee

Soneira - Muros (1-3)

  • Goles: Hugo (2) e Juanchy para o Muros.

Segunda vitoria dos de Bibi ante un Soneira que só lle gañou ao Mazaricos.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 5

Cambio de líder nesta 5 xornada na que descansaba o Malpica. O Corme chegaba no máis alto tras superar precisamente ao Ponteceso, pero o seu empate (e gracias) ante o Baio, e a clara vitoria dos de Dani Pallas ante o Camariñas, devolven o liderato ao Ponteceso.

O Cabana achégase ao Malpica tras vencer a un novo Castriz que aínda non sabe o que é sumar. O que xa sabe como é o sabor da vitoria é o Muxía que endosou unha goleada a outro dos debutantes este curso na categoría, o Porteño.

Coristanco - Laxe (3-0)

O laxense Santi-Foto-Fermin
  • CORISTANCO: Nacho, Javi, Navarro, Rubén, Naya (Suárez, min.50), Jorge, Joni, Brandón (Cristian, min.47), Fondo (Abelenda, min.60), Joaquín (Brais, min.65), Bértoa (Iván, min.75).
  • LAXE: Martín, Tivo, Miguel (Santi, min.70), Saleta, Sergio, Santi, Djamel, Adrián, Ferri, Nicolás, Manuel (Samuel, min.65).
  • Goles: 1-0, min.15: Jorge tras varios rexeites; 2-0, min.50: Joni nunha contra; 3-0, min.80: Brais.

Menudo baixón que está a pegar o Laxe tras comezar a campaña con dúas vitorias consecutivas e colocarse de líder. Xa é a 3ª derrota consecutiva dos de Fernando Mohedano e Toni, ante un Coristanco de Da Silva que xa o supera na táboa.

A primeira metade foi máis igualada, cun lixeiro dominio local, que se adiantaba cun tanto de Jorge. Brandón e Bértoa avisaron para os locais pero o marcador non se moveu ata a volta do descanso, cando nunha contra Joni facíao 2-0. Aí Saleta, co que falabamos a pasada semana, pasou do posto de central arriba, e co seu empurre o Laxe apretou. Nacho tivo que facer tres paradóns a tiros de Saleta (2) e unha de Adrián.

Pero o gol laxense non deu chegado e foi Brais o que sentenciarían o partido.

Baio - Corme (1-1)

  • BAIO: Guille (Alex, min.75), Efe, Michi (Kevin, min.30), Pablo, Silvariño (Alfonso, min.75), Anxo, Jose, Christian (Javi, min.65), Santi Díaz, David, Estefan (Pedro, min.75).
  • CORME: Rubén, Sergio Fariña, Isaac, Cristian, Eloy, Antonio, Fran, Joshua, Brais, Juanma, Manu. Tamén: Fernando, Alberto, Isma, Dani Chans, Alejo.
  • Goles: 0-1, min.60: Silvariño en propia meta dende 40 m; 1-1, min.85: Anxo tras unha boa combinación con Santi Díaz.
  • Lesión: Michi cunha sobrecarga.

Partido malo e empate máis ou menos xusto, malia que o Baio foi un punto superior no cómputo xeral e acabou pechando atrás ao Corme. Primeira fase do partido con máis respecto, sen demasiadas ocasións. O Corme, que chegaba líder, intentábao, e o Baio protestaba un gol anulado a José Antonio por falta ao porteio de Christian.

A segunda case que comezaba co golazo en propia de Silvariño intentando despexar dende 40 metros. A partir de aí o Baio veuse arriba e intentouno por todos os medios facendo moi bos últimos minutos de gran intensidade. Avisou David de falta e Javi de Laxe, pero tamén Guille tivo que facer un paradón para evitar o segundo. Xa non faltaban nin 5 minutos cando un mal saque do meta cormelán era aproveitado por Anxo para facer o empate.

E foi pola vitoria o cadro de Pastoriza, aínda sen tempo, e ao final tivo Santi Díaz unha encarando a portería pero foi derribado, e a correspondente falta non atopou portería.

Ponteceso - Camariñas (5-1)

  • Goles: Pablo (2), Iago (2) e Dani Valle para o Ponteceso. Chicote para o Camariñas.

Partido máis o menos cómodo para os de Dani Pallas. E iso que na primeira o Camariñas de Pirucho aguantou e mesmo se puido meter por diante tras empatar o gol inicial dos pontecesáns.

Pero a segunda metade foi de claro dominio local, que acabou goleando.

Porteño - Muxía (2-7)

  • Goles: 1-0: Maikel; 1-1: Víctor Alcaina; 1-2: Isma Caamaño; 1-3: Castreje; 1-4: Paulo; (descanso); 1-5: Víctor Alcaina de penalti; 2-5: Maikel; 2-6: Isma Caamaño; 2-7: Paulo.

Comezou moi metido no partido o Porteño de Ordóñez, e mesmo se colocaba por diante con gol de Maikel. Pero o Muxía, o sábado dirixido por Adrián Negro ante a baixa de Javier Lema por un problema familiar, ía meténdose no choque. En 20 minutos daba a volta ao marcador e antes do descanso xa o deixaba sentenciado cun rotundo 1-4.

Castriz - Cabana (1-5)

  • Goles: Darío, Pablo, Iván, Alex e Diego para o Cabana. Diego para o Castriz.

Partido claro para o Cabana ante un Castriz que segue adaptándose pouco a pouco á categoría. Os de Fernando vanse achegando á zona alta e xa están 3º a só 3 puntos do líder. Pola súa banda o Castriz de Evaristo e Lorenzo protestaron un gol anulado a Balsa, e seguen mellorando partido a partido.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios