venres. 02.05.2025
El tiempo

Xuvenís: San Lorenzo e Fisterra non desperdician o descanso da Esteirana

Xuvenís: San Lorenzo e Fisterra non desperdician o descanso da Esteirana
San Lorenzo-Camarinas xuvenil nas Pedreiras O San Lorenzo non fallou ante o Camariñas nas Pedreiras

Segue a cousa como está na Liga Xuvenil trala análise da semana pasada, na que estudiábamos como podería quedar o ascenso en caso de empate a puntos. O Corme destacado con 10 puntos de distancia acariñando xa o título e a fase de ascenso directa á Liga Galega. Por detrás, San Lorenzo e Fisterra con 60 puntos e Esteirana con 58.

Nesta xornada non fallou ningún (descansaba a Esteirana, que tampouco xogará esta fin de semana porque lle tocaría xogar co retirado Outes) e todos amosaron unha gran superioridade, polo que non parece que vaian fallar ante o resto de equipos. Unha situación que deixa á Esteirana máis lonxe do ascenso, e que pon o foco choque directo, o San Lorenzo-Fisterra do vindeiro 7 de abril, despois do “parón” de Semana Santa, un parón que non será tal porque terá que ser aproveitado para a disputa da pasada xornada aprazada polo temporal Félix.

 

Xallas - Fisterra (1-5)

  • Xallas: Fabián, Peke, Pablo, Dani, Fabián, Nando, Kevin, Brais, Guillín e Pablito.
  • Fisterra: Jose Carlos, Rui, Ángel, Juanfran, Diego, Cristopher (Ayoze, m.40) (Xan Xixo, m.55), Manu, Ezequiel (Benlloch, m.70), Iván Escarís, Aarón e Dani.
  • Goles: 0-1 Dani, 0-2 Ezequiel, 0-3 Aaron, 0-4 Dani, 1-4: Guillín, 1-5 Dani.

Partido dominado polo cadro fisterrán, que saíu moi metido no partido, conscientes de non poder fallar. Comezou marcando pronto pero o Xallas puido recurtar no primeiro tempo. Ao comezo da segunda sentenciou o Fisterra con solvencia.

 

Muxía - Sofán (3-2)

  • Goles: 0-1, m.30: Simón; 1-1, m.50: Rodri; 2-1, m.57: Iago; 2-2, m.60: Nacho Moreno; 3-2, m.85: Damián.

Partido igualado en Arliña que non se decidiu ata o último momento.

 

San Lorenzo - Camariñas (12-2)

  • San Lorenzo: Benjamín, Álex Fernández, Fidalgo, Esteban, Pablo, Jose, Álex Rodríguez, Alberto, Iván, Darío e Brais. Tamén xogaron: Aarón, Fidi e Martín.
  • Camariñas: Sergio, Facundo, Manuel, Gabriel, Luís; Fran, Eric, Joseba, Juanito, Adrián e Mario (Nando, m.46)
  • Goles: Darío (2), Iván Cancela (3), Brais (3) e Aarón (4) para os de Verdillo. Adrian Bardanca de penalti, cometido sobre Joseba para o Camariñas.
San Lorenzo-Camarinas xuvenil nas Pedreiras 2Corme-Laxe xuveni-Foto-Fin Lema Corme-Laxe xuveni-Foto-Fin Lema

Partido sen historia entre un Camariñas con 12 xogadores, entre eles moitos cadetes, e un San Lorenzo que vai a por todas. Non impediu un enlamado campo das Pedreiras que o equipo de Juni se adaptase ás circunstancias axfisise ao rival e estivera acertado con moita pegada. Foron caendo os goles, 6 en cada parte e Adrián fixo o gol da honra no treito final.

 

Cabana - Os Míudos (2-2)

  • Cabana: Roberto (Marcos), López, Pipa (David), Samuel (Javi), Dani, Pablo (Cristian), Yago, Breo, Simon, Castro e Nando.
  • Os Miúdos: Alberto, Isma Mayo, Gabri, Flavio, Xian, Miguel Gesto, Isma Senande, Jose, Octavio, Javi e Rubén. Tamén xogou Quin.
  • Goles: 0-1, m.25: Rubén; 0-2, m.30: Rubén; 1-2, m.38: Castro o; 2-2, m.89: Breo.

Partido igualado nas Redondas, cun cadro muradán que chegaba xusto de efectivos (un porteiro tivo que facer de central), ben armado atrás e intentando saír á contra. Aproveitaron os muradáns a falta de intensidade defensiva dos locais e en dúas contras ben executadas por Rubén se metía 0-2 . Antes do descanso recurtaba Castro.

Unha das xornadas clave foi a expulsión de Gesto á media hora, que deixou con 10 durante máis dunha hora a un cadro xa mermado. Pero aguantaron os visitantes, como xabatos ante un Cabana que o intentaba por medio de simón, Cristian, Breos, Castro, Nando, Yago… pero non atinaba. Ata que nos últimos minutos, xa con varios cadetes dando osíxeno no campo, Breo marcou unha fermosa falta pola escuadra para asinar o empate.

 

Corme - Laxe (10-0)

  • Goles: Samu (2), Roque (2), Mauro, Manu Tasende (2), Pandi (2), Aitor.

Partido sen historia no que o Laxe quedaba pronto con 10 e ata con 9 homes na segunda metade. O Corme cumpliu o expediente cunha nova goleada.

 

Soneira - Baio (4-1)

  • Soneira: Chris (Isaac, m..84); Chimi (Damián, m.83), Chasko, Ángel, Raúl; Pablo (Lucas, m..66), Alex, Nico; Brais (Cristian Canosa, m.86), Sergio(Edgar, m.77), Fran Moreira.
  • Baio: Julián, Regueira, Iago, Jose, Queiro (Ariel, m.80); Dylan, Sergio, Santi (Manuel María, m.70); Raúl (Anibal, m.65), Anxo e Mohedano (Tinciño, m.80).
  • Goles: 1-0, m.17 Chasko; 2-0, m.26: Brais tras un gran pase de Brais; 2-1, m.52: Mohedano; 3-1, m.85: Nico; 4-1, m.90: Fran Moreira.
Soneira Xuvenil celebrando un gol Soneira Xuvenil celebrando un gol

Derbi interesante que quedou do lado do que máis intensidade puxo. Aínda así o partido non se roumpeu ata o últimos minutos.

Comezou moito mellor o Soneira, con moita intensidade, buscando presión alta e movendo o balón rápido e buscando as entradas por banda. A súa superioridade concretábas con dous bos tantos.

Na segunda parte o Baio sae mellor pero era o Soneira o que, tras un bonito pase de Fran a Brais manda o pau o man a man ante Julián. Pero o Baio xa estaba metido no partido e Mohedano aproveitaba unha indecisión entre a defensa e o porteiro para recurtar. Os soneiráns púñanse nerviosos e mesmo tiveron que salvar un balón na liña de gol. Puido empatar o Baio pero foi nunha xogada a balón parado cando Nico, cadete de primeiro ano, sentenza a falta de 5 minutos. Fran Moreira poría o broche cunha xogada maradoniana.

Soneira Xuvenil celebrando a vitoria ao Baio O Soneira celebrando a vitoria ao Baio  

Ponteceso - Coristanco (4-0)

  • Goles: 1-0, m.30: Iván Rodríguez; 2-0, m.40: Brais; 3-0, m.41: Mussi; 4-0, m.42: Ivan Rodríguez.
Ponteceso Xuvenil Ponteceso Xuvenil

Outra vez con dous porteiros facendo de xogadores se presentaba o tocado Coristanco, que aínda pelexou pero que nada puido facer ante un Ponteceso dominador, que sabía que o Coristanco lle ten tomada a medida nos últimos anos. Pero a pesar de que o primeiro gol tardou en chegar, non houbo opción de empate xa que nos últimos 5 minutos da primeira metade os pontecesáns eran capaces de anitar 3 goles máis; primeiro sería Mouhssin dende a frontal da área, seguidamente sería de Brais en golpeo similar, e o cuarto sería outra vez de Iván nun cabezazo dende a frontal da área.
Despois do descanso o partido enfriaríase un pouco.

 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios