Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Xuvenís: Sobrevivindo á Barca

Xuvenís: Sobrevivindo á Barca
O Cabana venceu ao Ponteceso-Foto-SD Cabana O Cabana venceu ao Ponteceso-Foto-SD Cabana Fin de semana de Barca nesta 2ª xornada da L.U.X, e foron varios os equipos os que sufriron as consecuencias. Co Muxía-San Lorenzo aprazado, o Camariñas non puido xuntar 11 xogadores, mentres outros como o Xallas seguen tendo moitos problemas de efectivos. É de feito, a sorpresa deste inicio de temporada, ver ao cadro xalleiro, un dos mellores do curso pasado, pechando a táboa xunto co Camariñas. Por arriba Cabana, Outes e Fisterra contan os seus partidos por vitorias e parece que estarán na zona noble.  

Coristanco - Sofán (4-4)

  • Coristanco: Iago Cancela, Cristián, Sebas, Álvaro, Iago, Adrián RR, Braian, Dani, Cristian Black, Castro e Fran. Tamén: Esteban, Varela, Mirchu, Arturo e Borja.
  • Sofán: Martín Periscal, Alberto Rodríguez, Diego Pallas, Gabriel Bello, Sebas, Eloy Cabeza, Nacho Eirís, Ángel Cotelo, Sergio García, Nacho Moreno, David López. Tamén: Sergio Pombo, Christian Rodez., Nando Arijón, Alejandro Docampo, Alejandro Fidalgo.
  • Goles: 0-1, m.3: Nacho Moreno; 1-1, m.13: Braian nunha xogada a balón parado; 2-1, m.22: Black; 3-1, m.46: Adrián RR; 3-2, m.50: Davil López de penalti; 4-2, m.66: Castro; 4-3, m.75: David López nunha ensaiada a pase do capitan Eloy; 4-4, m.80: David López de penalti sobre Sergio Pombo.
Fermoso partido na Rocheira, con moitos goles, máis ocasións durante os 90 minutos de loita entre dous equipos que pelexaron pola vitoria ata a extenuación. Comezou pegando o Sofán de Javier Cabeza pero pront o reaccionaba o equipo de Eloy que lle daba a volta ao marcador, tomando o mando durante boa parte da primeira metade deixando o 2-1 ao descanso. Marcaba o cadro verde nada máis saír pero un penalti recurtaba distancia. Chegaron aí erros defensivos que permitían a Castro volver a poñer terra de camiño, pero tamén a David López a marcar un tanto en xogada e outro dende os 11 metros, para rematar cun empate xusto, aínda que debería ser un empate de 1,5 puntos para cada un!  

Puenteceso - Cabana (3-4)

Cabana-Ponteceso-Foto-Cabana Imaxe do Cabana-Ponteceso-Foto-Cabana
  • Ponteceso: Damián, Adrián, Raúl, Jorge, Brais, Luca, Loureiro, Aarón, Pop, Mussi, Iván Rodríguez. Tamén: Jose e Sergio.
  • Cabana: Roberto, López (David), Pipa, Rubén, Dani, Nando (Cundíns), Yago (Samuel), Castro, Alberto, Manuel e Cristian (Eloy).
  • Goleadores: 0-1, m.20: Christian; 1-1, m.30: Iván Rodríguez; 2-1, m.38: Loureiro; 3-1, m.47: Loureiro; 3-2, m.63: Christian; 3-3, m.66: Alberto; 3-4, m.73: Castro.
Partido de gran rivalidade, no que predominou a entrega á calidade, que comezaba revolucionado co Cabana mellor posicionado. Adiantábase os de Fernando, pero na o Ponteceso era quen de darlle a volta e poñerse con claridade con 3-1 nada máis comezar a segunda metade, quedando o Cabana con 10 por unha expulsión. Apareceu cando menos parecía a garra dos cabaneses que conseguiron darlle a volta ao marcador nunha última media hora de auténtica brega. Os cabaneses tiveron sorte cos goles aproveitando cada chegada para completar unha tremenda remontada cun home menos. Cabana-Ponteceso-Foto-Cabana 2 Cabana-Ponteceso-Foto-Cabana  

Corme - Xallas (9-2)

  • Corme: Lucas, Ángel, Brais, Aitor, Martín, Eloy Villar, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samuel. Tamén: Alex, Javi Bermúdez, Noel, Miguel e Pandi.
  • Xallas: Fabián, Nando, Pablo, Fabián, Dani, Calo, Brais, Fran Guillín, Adrián, Manu e Peque.
  • Goles: Fran Guillín e Pablo para o Xallas. Samu, Manu Bermúdez (3), Brais (2), Noel, Miguel, Alejandro.
Con 11 (por segundo partido) chegaba o Xallas ao Cairo, e aguantou moi ben os primeiros 45 minutos. De feito, colocouse cun 0-2 á media hora demostrando que o partido podería estar moi aberto nunha primeira metade dominada polo cadro cormelán que non estaba atinado arriba. Pero un gol a dous do descanso de Samuel deixaba a remontada servida para os de Lelo. A segunda metade foi un rodiño azulón. O Xallas perdía a Manu Pérez por lesión e quedaban con 10. Os locais, liderados polo capi Manu Bermúdez, non tiveron piedade dun cansado equipo xalleiro.  

Outes - Camariñas (8-0)*

Partido suspendido no descanso xa que o Camariñas (será Dani finalmente o adestrador), que se presentaba con 10, non saía na segunda parte ao ter menos de 8 xogadores por varias lesións. O Outes xa marcara 8 tantos por medio de Josiño (4), Fran (2), Nieto e Marta, a única muller da categoría que xa se estreou como goleadora.  

Laxe - Baio (5-0)

  • Laxe: Pablo, Miguel, Julián, Bieito, Valentín, Samuel, Edu, Álvaro, Íñigo, Juan e Santi Casas. Tamén: Enrique, Urkiza, Iago e Jesús
  • Baio: Julián, Manuel María, Queiro, Martín, Regueira; Sergio, Mohe, Ariel: Cedrón, Santi e Martín.
  • Goles: 1-0, m.30: Santi Casas; 2-0, m.60: Santi Casas; 3-0, m.65: Juan; 4-0, m.68: Samuel; 5-0,m .87: Valentín.
Sen cambios chegaba o Baio de MC e Bieito a Laxe, pois entre vacacións, lesións e sancións están en cadro. E iso que era un duelo de rivalidade no que o Laxe saíu moi motivado que vai dar que falar este curso polas gañas que lle está metendo. Aguantaron os baieses a primeira metade os baieses, e co 1-0 aínda tivo ocasións para o empate, pero a raíz do 2-0 o equipo desmoronouse e só se mantivo con forza Cedrón na dianteira. Os de Saleta e Dani Argüelles non tiveron piedade e completaron o repóker.  

Corcubión - Fisterra (0-3)

  • Corcubión: Marcos; Mesejo, Oca, Fran, Sergio; Xuli, Jon, Samu; Lagoa, Saulo e Luís Lojo. Tamén: José Ángel, Álex, Hugo e Nico.
  • Fisterra: Jose Carlos, Sergio (Xan Xixo, m.60), Juanfran (Miguel, m.30), Ángel, Gabi, Manu, Dani (Escarís, m.50), Eze, Pichino, Isaac (Diego, m.55) e Aarón (Benlloch, m.65).
  • Goles: 0-1, m.20: Isaac; 0-2, m.44: Isaac; 0-3, m.80: Benlloch.
Frouxo partido no Cubaleiro cun Fisterra mandón ante un Corcubión que esperaba á contra. As ocasións do Fisterra eran salvadas polo porteiro corcubionés Marcos pero pouco puido facer no primer gol de Isaac, que desta volta chegaba á contra. O Corcubión intentaría chegar a portería por medio de balóns parados pero xa cara o final da primeira parte o propio Isaac marcaría o segundo tanto e faría que o Corcubión tivera que ir a por todas na segunda parte. O partido púñase algo feo con varias entradas duras que provocou unha expulsión por cada bando, Jon e Jose Ángel. Luís e Samu intentárono para os locais pero eran os fisterráns os que fallaban unha ocasión tras outra ata pechar o partido cun curto 0-3.  

Esteirana - Os Miúdos (1-1)

  • Esteirana: Dani Curriño, Kevin, Alex de Dina, Íker, Carlos, Solís, Rodrigo, Xián, Jaime, Joaquín e Sergio. Tamén: Álvaro, Alex de Yi, Rubén e David.
  • Os Miúdos: Alberto, Xián, Gesto (Ángel), Dani (Miguel), Isma Mayo, Abel, José Lado, Xavi, Javi Sieira (Riomao), Gael e Rubén (Flavio).
  • Goles: 0-1, m.20: Javi Sieira; 1-1, m.30: Carlos.
Empate xusto nun derbi muradán na que cada equipo dominou unha parte. Bo ambiente no Eleuterio Balayo para este primeiro choque de esteiráns e muradáns. O dominio territorial levouno a Esteirana pero os Miúdos facían rápidas contras. Nunha delas chegaría o 0-1 a prol dos muradans pero pronto encargariase Carlos de establecer a igualada final. O partido continuou así ata o final con tres ocasións finales para a Esteirana que non acabaron de entrar.  

Novas relacionadas

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios