Xuvenís: Tensión e sorpresas para chegar a Cuartos
Parece que os equipos xuvenís teñen gañas de competir de verdade. Tras dúas fases algo insulsas, esta Copa chega cargada de ilusión e competitividade, como o demostran as dúas prórrogas que se disputaron na tarde do sábado. I é que son xa varios os equipos que rematan a temporada aínda en abril, o que debería facer reflexionar sobre o tipo de competicións.
En canto á emoción, tanto Outes como Baio necesitaron do tempo engadido para certificar o seu pase a cuartos. Ademais, o Laxe conseguiu dar a gran sorpresa dos Oitavos, vencendo a un Xallas de Santa Comba que pasará máis dun mes sen competir para representarnos, sen preparación, na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.
E repasamos varios dos choques. Tivo o Outes que tirar de remontada e da prórroga para superar a unha moi boa Esteirana, que recibía moi motivada ao Outes tralo 1-1 da ida no Conchido. Edu acadaba o empate para os da Serra, e no tempo engadido Veleiro non marraba dende os 11 metros dando o pase aos de Manu Roque.
Mesmo guión no Baio-Corme. Desta volta pasou o equipo que xogaba na casa tralo empate no Cairo. Juanma adiantaba aos cormeláns á media hora, poñendo a eliminatoria favorable para os azulóns. Pouco a pouco o Baio foi recuperando o mando. O capitán Fachal facía o empate á hora de xogo, coa que remataban os 90 regulamentarios. E xa no tempo engadido, aos 10 minutos do comezo da prórroga, Javi Lema daba o ansiado pase. Aínda quedaba moito, pero as forzas flaqueaban e o Baio soubo aguantar as embestidas cormeláns, que remata así unha temporada que comezaban frouxos pero que rematan cunha melloría salientable e con ilusión de cara ao vindeiro ano.
Impresionante a remontada do Mazaricos en Ara Solis. Partía con vantaxe o Fisterra tralo 3-4 da ida, que mesmo puido ser máis, pero os fisterráns non estiveron o ben que se espera deles, tiveron unha desas tardes tontas que refrendan unha irregular tempada, e acabaron sucumbindo por 0-2 cos tantos de Oreiro e Ramón.
O choque de Ponteceso tamén tiña a súa miga. Sobre todo pola despedida da tempada do cadro pontecesán, tras un campaña impecable na 1ª fase, onde quedou campións cos mellores números da categoría, pero que logo se diluiu. O equipo pontecesán leva metendo cadetes no equipo dende hai tempo, e os xuvenís máis experimentados xa levan tempo centrados na salvación dos maiores da 1ª. Así, o Dumbría sacou unha nova vitoria tralo contundente 4-1 da ida, e vencía por 2-3 no Pinguel.
Non tivo problemas o Cee para superar ao Coristanco tralo 2-4 da ida na Rocheira. Tardou en entrar o primeiro, que chegaría ao fío do descanso por medio dun Pikallo que está a facer un gran final de temporada. Pero a segunda xa desapareceu o cadro coristanqués, no que os seus rapaces están máis pendentes da 3ª Autonómica (moitos son habituais no #babyCoristanco) que da Copa xuvenil. Así, Andrés, Lamela e o propio Pikallo sentenciaron o 4-0. Como nota negativa, os ceenses perden a Tebo para a vindeira eliminatoria por expulsión, ante o Malpica.
Un Malpica que nin necesitou xogar ante a retirada, tarde mal e a arrastras, do Muxía, despois do 10-0 da ida. E o outro que apenas tivo traballo foi o Cabana (que estreban patrocinio), que tralo 1-5 da ida, desta volta endosou 7 a un Camariñas que chegaba con 9 homes ás Redondas. Aless e Pablo Márquez na primeira metade, e Duda, Pablo Pose e 2 de Ferreiro na segunda certificaban a goleada.
Laxe - XSC (1-2)
- LAXE: Dani, Samuel, Diego, Sergio, Roberto (Pibe, min.80), Djamel, Santi, Elías, Adrián, Saleta, Carrabete.
- XSC: Iván Couto, Cristian Caamaño, Dani Martínez, Roberto, Diego Maneiro, Fabián (Sergio Barbeira, min.46), Marcos, Styven, Miki (Tefi, min.75), Iván Pastoriza, Pablo Landeira.
- Goles: 0-1, min.50: Sergio Barreira; 0-2, min.70: Pablo Landeira; 1-2, min.85: Saleta cunha falta dende tres cuartos de campo.
Moita xente para disfrutar o partido máis tenso dos Oitavos trala sorpresa do 0-3 da ida, que case sentenciaba a eliminatoria, deixando con un pé fóra da Copa a un dos dous equipos que nos van representar da Fase de Ascenso á Liga Galega.
Aínda así, había confianza no cadro xalleiro, e xa saíron a por eles, e aos 10 minutos xa tiveran 3 ocasións de Diego Maneiro, Landeira e Iván Pastoriza. Pero non entraron, pasaron eses 15 de dominio inicial, e comezaron as precipitacións.Na segunda metade co vento a favor xa XSC (o vento condicionou o xogo), mellorou o equipo de Rafa, que meteu o medo durante moitos minutos. De contado se meteron por diante con gol de Sergio Barreiro, cadete de primeiro ano que dá solucións arriba. Pablo Landeira ampliou completando bos minutos xalleiros que daban esperanzas aos verdes e laranxas. Pero aí as presas foron malas conselleiras e o Laxe puido saír á contra, e faltando 5 minutos Saleta marcou evitando os últimos minutos de sufrimento para a parroquia local, cun tanto que veu a refrendar a "cagada" da ida, como recoñecían os adestradores xalleiros.
Cuartos de final
Quédanos un Cadro ben interesante, con boas eliminatorias, entre como o Malpica-Cee ou o Cabana-Baio. Nas outras dúas, o Dumbría parte como favorito, mentres que a igualdade será a protagonista no "derbi" entre Outes e Mazaricos:
Máis información
Crónicas da Copa da Costa Xuvenil
- Oitavos: Empezou o espectáculo da #CopadaCosta.
- 2ª Autonómica: O Cee descólgase.
- 1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso segue metidos no lío.
- Preferente: Xornada de paso.
- Resultados e análise da xornada do #futboldacosta neste ecuador de abril.
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).