Zas, Santa Comba e Mazaricos móntanse nas Bicicletas BTT
Verán "beteteiro" na Costa da Morte. I é que non paramos. Tralas citas de Dumbría e Camariñas, esta fin de semana toca Santa Comba. Pero a cousa non queda aí. Zas e Mazaricos preparan as bicis de montaña para subir ao monte.
Ruta en Zas
O domingo 3 de xuño de 2012 a cita coa BTT será en Zas. Organizada polo Concello de Zas, coa colaboración da Asociación Veciñal Barolo e Club Ciclista KebraKostas, a Saída e chegada será no Polideportivo Municipal de Zas.
Serán 43 km por pistas e camiños forestais.
Para inscribirse facelo en: www.osdezas.com/rexistrobtt.asp ou enviar correo electrónico a: [email protected].
O 10 de xuño en Mazaricos
Xa se poden apuntar para a II Ruta BTT de Mazaricos, que se celebrará o domingo 10 de xuño.
Para inscribirte podes pasar por http://mazaricos.net/btt ou tamén podes chamars ao 981 867 104 (teléfono do Concello) se queres máis información ou inscribirte.
Novas relacionadas
- A moda das Rutas BTT repite en Santa Comba.
- Posta de longo do Club Ciclista Cee:
- Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).