Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros, entre peche e peche, suman unha marea de intervencións

Accidente na AC-552 en Dumbria
Imaxe do accidente na AC-552 en Dumbria
Os Bombeiros, entre peche e peche, suman unha marea de intervencións

Días de voráxine no Parque de Bombeiros de Cee. Un parque que ten pechado xa as súas portas 4 días (a última o martes) por mor da folga (a única medida dos traballadores é non facer horas extras), pero que ten días de intenso traballo, o que pon de manifesto que o Consorcio ten que que chegar a acordos cos traballadores para asegurar a seguridade da comarca.

Se o luns tiveron un accidente de tráfico en Tufións (Vimianzo), un incendio dun vehiculo e a retirada dun niño de velutina Cee, e un incendio nun apendre de Dumbría, onte tiveron que intervir noutro accidente rexistrado na estrada AC-552.

Bombeiros nun accidente en Tufions
Imaxe do accidente en Tufións

O suceso aconteceu ás 5:30h da mañá deste xoves, cando unha persoa saíase da vía no km.84 da estrada nacional que une Coruña e Cee, ao seu paso por Dumbría. O coche estaba envorcado sobre do seu lado esquerdo e a vítima no lado do condutor, consciente.

Os Bombeiros tiveron que retirar o parabrisas para a que o persoal sanitario accedera e unha vez valorado e asistido, os Bombeiros retiraron a grella traseira para a súa extracción pola parte de atrás. En colaboración co persoal do 061 realizaron o traslado a ambulancia.

Comentarios