Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Casa da Pedra do Ézaro

Casa da Pedra do Ézaro
A Casa da Pedra do Ézaro

Chámase así a unha casa de pedra situada na Praia do Ézaro, frente a estrada que conduce á cascada e ao mirador. Chama a atención que polo seu lateral oeste ten varios eucaliptos vellos que cubren un merendeiro.

Vexamos a súa historia: A Gaceta de Madrid nº 846 do 12 de Decembro de 1915 di que un veciño pescador chamado Lisardo Lourido Pérez solicitou ao Servicio Xeral de Portos e Faros, pertecentes á Dirección Xeral de Obras Públicas, permiso para a ocupación dun trozo de terreo do dominio público con destino a un tendeiro de redes e tamén para a estancia de pequenas embarcacións, recompoñentes de redes e unha caseta almacén para gardar nela os efectos adicados á industria pesqueira e vivenda do garda. 

Acaseta almacén tiña que distar 5 m. da arista exterior do paseo da estrada de Muros a Corcubión e esta misma distancia quedaría tamén da arista exterior do paseo da estrada ao límite contiguo á da zona solicitada, polo que avanzaría contra o mar paralelamente a 5 m. O concesionario quedaría obrigado a deixar libre unha zona de 6 m. de ancho para a vixilancia do litoral na parte lindante co mar do terreno solicitado. Esta petición foi exposta ao público sen haber reclamacións, polo que a Comandancia da Marina, a Jefatura de Obras Públicas, o Gobernador Civil da Provincia e o Ministerio da Marina resolveron otorgarlle o permiso con arreglo ao proxecto presentado o 31 de Agosto de 1914 polo Ing. de Camiños D. Emilio Pan Saraluce.

Durante este tempo pasou a outros propietarios, remantando como casa de exposicións do Concello de Dumbría.

Na actualidade coñécese como Centro de Interpretación de rotas do Monte do Pindo e Fervenza do Ézaro (CIR).

Casa da Pedra do Ézaro (2)

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

Comentarios