Sábado. 15.08.2020
El tiempo

Recunchos da Costa: O Pozo Encantado de Salgueiros

Foto-Modesto Garcia Quintáns
Foto-Modesto Garcia Quintáns
Recunchos da Costa: O Pozo Encantado de Salgueiros

Continuamos descubrindo recunchos ben agochados da zona da man de Modesto García Quintáns e o seu libro libro “El Ayuntamiento de Dumbría: historia tradiciones y costumbres”, publicado pola Diputación no 2008. E seguindo o curso dos ríos que atravesan as terras dumbriesas, hoxe Modesto lévanos ata O Pozo Encantado.

Este pozo, tamén coñecido como "O Pozo Negro", localízase no río de Bustelo preto da desembocadura no río "Castro". O pozo foi feito por unha fervenza duns 4 m. de alto que o longo dos séculos furou unha enorme pía pola marxe esquerda e o caudal logrou fuxir por un desfiladeiro estreito provocando un pozo fondo con abundantes remuíños internos. Pola marxe dereita deste pozo existe unha elevada rocha que sostén un muíño fariñeiro, coñecido como "Muíño do Pozo". Este muíño, segundo documentos, é anterior o ano 1753, propiedade do presbítero Roque de Noya do lugar de Prado (Salgueiros). Os veciños da comarca considérano como un muíño embruxado, creando temor e medo os usuarios, asegurando que pola noite aparecían luces brillantes que manaban do pozo, acompañadas de choros e lamentos provocados  no entorno da fervenza. Todo este medo debeu xurdir polo afogamento dun veciño a finais do século XIX en extrañas circunstancias. A metade do século XX suicidouse unha muller, tirándose do alto  da rocha e os lugareños de Pazo e Cernado pasaron moitos traballos para recuperalo corpo. Nace o nome de “O Pozo Encantado”

Muíño do Pozo.Lateral norte copiaFurna do Pozo Encantado-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintans copia

Esta paraxe é coñecida como "Leiras da Prata" e no seo entorno, nun radio  duns 500 m. había catro cruceiros. Sobre o ano 1935, antes da Guerra Civil, xurdiron cousas algo misteriosas. Así o "Cruceiro de Reboredo" do ano 1770, o cruceiro do "Petón dos Muíños", preto das Caldeiras de Calo e a Cruz de Pazo, dunha peza de pedra, foron desapareceron sen deixar rastro. O "Cruceiro de Ceáns", sábese, segundo manifestaron veciños, de avanzada idade do lugar de Prado que estaba nunha finca privada e o dono o rompeu, usando os cachos  para cercar a leira (aínda se poden localizar na parede). A partir destes feitos, según contan os veciños, esta familia sufriu tremendas desgracias hasta desaparecer. Todas estas actitudes quedaron gravadas na mente dos vellos que as foron transmitindo as futuras xeneracións, creando medo. 

Como chegar

Cóllese a estrada asfaltada que parte fronte o serradoiro de Bustelo e conduce a Salgueiros. A uns 800 m. vírase a dereita por unha pista forestal, acta para coches, ata encontrar a ponte de formigón sobre o río de Bustelo, coñecido como “A Ponte da Prata”. Desde aquí, andando uns 50 m. por un carreiro na marxe dereita do río chégase o muíño situado sobre unha rocha. O pozo está polo lateral oeste e débese ter coidado non esvarar por ser moi perigoso coa rocha mollada.
Localízase nas coordenadas UTM (29ED50): X = 486824; Y = 4763268.

Mapa- Pozo Encantado Salgueiros-Dumbria

RECUNCHOS DA COSTA

 

comentarios