Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte implícase coas Xornadas Medioambientais e fai unha nova limpeza no Rostro

A Costa da Morte implícase coas Xornadas Medioambientais e fai unha nova limpeza no Rostro
Voluntarios-durante-a-limpeza-das-lobeiras-de-Cabo-C-Corcubión-o-venres-pasado

A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA) e o voluntario do Prestige, Sven Shwebsch organizan para este sábado 14 de xullo unha xornada de limpeza na praia do Rostro en Fisterra, coa que colabora Galicia en color - Rede de reencontros 10 anos despois.
Esta actividade forma parte dun programa que se levará a cabo durante todo o verán coa programación de limpezas de areais e boleiras, ademais de rutas de sendeirismo pola Costa da Morte.

O obxectivo principal é motivar a conciencia medioambiental e unir esforzos entre as persoas sensibilizadas coa limpeza das costas e os fondos mariños.

Limpeza no Rostro

O vindeiro sábado 14 de xullo tódalas persoas que queiran participar da limpeza da praia do Rostro, en Fisterra, deberán achegarse ata o aparcamento sur da praia ao redor as 12 do mediodía. A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia aportará o material necesario para os traballos como serán bolsas de lixo e guantes para os voluntarios.

Despois das tarefas de limpeza, os asistentes xantarán na praia, polo que cada persoa deberá levar o seu propio picnic, e pola tarde poderán compartir experiencias e facer algunha ruta pola contorna.

Herencia medioambiental

Segundo o presidente de ASOAR –ARMEGA, Luís Rodríguez “esta iniciativa xurdiu do espírito da Marea Branca, que nos transmitiu o amor e o respecto pola nosa natureza.”

O voluntario do Prestige, Sven Shwebch, natural de Alemania, quedouse a vivir na zona despois do desastre ecolóxico, e continuou facendo limpezas polas praias da Costa da Morte de xeito individual, polo que destaca a importancia de organizar estas xornadas que reúnen persoas cos mesmos intereses. “Moitas veces realizase actividades de este tipo de maneira independente, e creo que é bo que os voluntarios colaboren entre eles, para non sentirse sos nesta tarefa”, destaca o alemán.

Actividades continuas

ASOAR‐ ARMEGA continuará organizando numerosas xornadas ao longo do verán, e Sven Shwebsch ofrece a súa colaboración desinteresada para facer rutas de sendeirismo guiadas pola Costa da Morte e novas limpezas durante a semana, segundo o demande á xente.

Novas relacionadas

Máis novas

  • 135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte.
  • Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia.
  • Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
  • Os voluntarios que cambiaron a Costa

    Fonte

    Comentarios