A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía


O mes de marzo é o mes de Celia Rivas Casais. Así o celebra a Galería Mulleres, que artella o Concello de Muxía a través do Departamento de Servizos Sociais dende a Galería Mulleres. Unha Galería que serve para ir lembrando, mes a mes e nome a nome, aquelas mulleres que fixeron país.
Celia Rivas: Fisterra (A Coruña)1.912-1.974
Celia Rivas foi a primeira muller camioneira do Estado español. Muller traballadora e emprendedora, herdou o oficio do seu pai, conseguindo ademáis dar traballo a outras persoas de Fisterra. Celia Rivas Casais, pertencente á familia coñecida coma “As Lavancas” , representa ás mulleres traballadoras que souberon sair adiante nun mundo de homes e nunha época especialmente difícil polas condicións económicas e a guerra civil.
Co seu esforzo conseguiu montar unha empresa de conservas e venta de peixe. Muller moi querida e lembrada en Fisterra.
Na Biblioteca da Muller
Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar o libro:
- “CELIA RIVAS CASAIS. PIONEIRAS DA COSTA DA MORTE”. De Lilí Díaz Rivas e Benjamín Trillo; Editado pola Xunta.
Máis información
- Concello de Muxía: Textos de Celia Rivas.
- Elección Histórica: Celia Rivas.
Novas relacionadas
- /content/view/2965/57/">Fisterra homenaxea a Celia Rivas e as Pioneiras do século XX .
Galería Mulleres
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da "Galería Mulleres" de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.