Luns. 06.02.2023
El tiempo

A tartaruga Rostro xa leva 1.700 km de travesía

A tartaruga Rostro xa leva 1.700 km de travesía
Periplo da tartaruga Rostro copia Alá por marzo de 2014, aparecía varada na praia do Rostro en Fisterra. Aqueles duros temporais puideron coa tartaruga mariña que tivo que refuxiarse nas nosas costas. Quedoulle o nome do areal fisterrán. Daquela, con apenas 30 cm e quilo e medio de peso, presentaba graves laceracións nas patas, causadas por aparellos de pesca e preeiros, e sobre todo, unha gravísima estrangulación da aleta anterior esquerda por causa dunha liña que lle cortou o perímetro da aleta ata o oso. Quedáballe unha longa recuperación, a primeira parte na UCI de tartarugas mariñas que a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) ten instalada dentro da estrutura da Rede de Varamentos para o cumprimento do servizo da asistencia de varamentos da Xunta de Galicia, e posteriormente, na segunda fase, no Acuario do Grove. Tras 16 meses de recuperación, e xa con 40 cm de lonxitude e máis de catro quilos de peso o exemplar foi embarcado no porto de Portosín, Porto do Son, para ser liberado a 20 millas fronte a Corrubedo, cun chip emisor satélite integrado por primeira vez na cuncha dunha tartaruga, para poder coñecer a súa capacidade de supervivencia e os seus movementos. Nun mes xa percorrera 600 km, e cando se cumplen 3, os amigos do CEMMA cóntanos que na súa viaxe por augas abertas, Rostro percorreu 1700 km, unha media de 3,8 km/h, chegando a áreas mariñas oceánicas onde se superan os 6000 metros de profundidade e logo de pasar polos arredores da montaña submarina do Banco de Galicia. Curioso é saber que os fondos para facer este proxecto non son de capital galego, senón portuguses, pois este proxecto é posible coa colaboración do Cram-Q - Centro de Reabilitação de Animais Marinhos de Quiaios (Figueira da Foz), xestionado pola Sociedade Portuguesa de Vida Selvagem (SPVS). Esta foi a súa liberación en xullo:

Máis novas sobre animais acuáticos

Fonte

comentarios