Luns. 27.09.2021
El tiempo

Acusan ao PP de “enchufar” ao ex alcalde de Fisterra como “asesor” en AGADER

O PSOE aproveita para lamentar o "nepotismo"
Jose Manuel Traba nun mitin do PP en 2008-Foto-Rafa Quintans
Jose Manuel Traba nun mitin do PP en 2008-Foto-Rafa Quintáns
Acusan ao PP de “enchufar” ao ex alcalde de Fisterra como “asesor” en AGADER

Novo caso de posible corrupción no seo do PP, segundo denunciaba onte o sindicato CSIF. Neste caso, protagonizado polo ex alcalde de Fisterra (2002-2015), Josñe Manuel Traba, nomeado recentemente “asesor” na Axencia Galega de Dsenvolvemento rural (AGADER). O sindicato denuncia o nomeamento a dedo do Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, o segundo destas características en apenas dúas semanas, tras facer o propio co alcalde popular do Barco de Valdeorras.

Dende o CSIF xa comparan “AGADER como a Oficina Pública de Emprego do PP”, e critican o “nepotismo administrativo” do grupo popular.

Consideran que o nomeamento “vulnera a Lei do emprego público de Galicia”, pois sinala que “os asesores non poden realizar actividades de ordinarias de xestión” e que “as entidades públicas instrumentales do sector público autonómico non poden nomear persoal eventual”, pero o ex alcalde de Fisterra xa figura como asesor no directorio telefónico de AGADER, incluído no gabinete da Directora Xeral, Inés Saté Riveira, na Área económico-financeira, “onde todos os procedementos que se levan a cabo, así como a actividade administrativa que se desenvolve corresponde a funcións propias de empregados públicos”.

asesores agader Traba

O CSIF lamenta ademais “o escurantismo sobre as retribucións do novo asesor, a pesar de que as leis autonómicas establecen a obrigatoriedade de dar publicidade ás retribucións de todos os asesores.

O sindicato lembra que a súa experiencia profesional, á marxe da política, se reduce á impartición duns cursos na confraría fisterrá, e na súa labor docente nun centro privado da vila do Cristo; así como a cantidade de “denuncias formuladas contra el pola Xunta de Galicia”, en materia urbanísitca, ou de suposta prevaricaciónm, como foi o caso en 2015, da temeraria adxudicación do Semáforo que lle costou a alcaldía.

O PSOE critica o novo caso de nepotismo da Consellería de Medio Rural

Gonzalo Caballero Martín Seco alcalde Fisterra
Gonzalo Caballero e Martín Seco co alcalde de Fisterra

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, anunciou hoxe unha ofensiva parlamentaria para que a Xunta dea conta do novo caso de nepotismo da Consellería de Medio Rural utilizando de novo o Agader como un “chiringuito para colocar aos seus compañeiros”.

Ademais, apunta que este nomeamento como asesor, ademais dunha práctica politicamente deleznable, resulta que legalmente “non está permitida”, por canto as entidades públicas instrumentais non poden dispor de persoal eventual, segundo a Lei de Emprego Público.

Así o dixo logo de realizar, onte, unha visita ao alcalde de Fisterra, o socialista José Marcote, na que “constatamos que algúns se dedican a traballar por Fisterra e os seus cidadáns e outros tan só queren vivir da política”.

Novas relacionadas

comentarios