Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Alba Castro (@mama_topa): “Nunca imaxinei que xente de detrás dunha pantalla lle fixera ilusión coñecerme e falar conmigo"

Alba Castro Castro nunha das fervenzas de Zas
Alba Castro Castro nunha das fervenzas da comarca
Alba Castro (@mama_topa): “Nunca imaxinei que xente de detrás dunha pantalla lle fixera ilusión coñecerme e falar conmigo"

Falamos e coñecemos un pouco mellor a Alba Castro, máis coñecida como Mama Topa en Tiktok. Estáa fisterrá de Sardiñeiro supera xa os 15K seguidores, que se entreteñen cos seus vídeos de humor e a súa capacidade para defender a Galicia e o galego universal.

@mamatopa_alba

Bos días! Etiquetade a persona agarrada que coñezades! ##theriasqueen ##galega ##galegosnotiktok ##galiciacalidade ##humor ##galicia ##loteria ##agarrado

♬ BGC Drama Effect - whozmanzz
 
  • A.G: Que te motivou para entrar no mundo Tik Tok?

Descarguei tiktok durante o confinamento, nese momento era unha app que tiña moito éxito e co aburrimento de estar na casa 24h animeime.

 
  • A.G: "Mama Topa", por que ese alias?

Miña nai e eu somos moi despistadas, e cando non nos acordabamos de algo ou nos confundiamos dicíamos, "tan topa eres!" e despois cando tiven o meu primeiro fillo dicíamoslle, "mira que topiño", e chamábamoslle topiño cariñosamente. Entón xa me quedou @mamatopa.

 
  • A.G: Cando empezaches a subir vídeos, pensabas que chegarías a repercusión que tes na actualidade?

Nunca me esperei ter esta repercusión, empecei de broma, e o que nunca me esperei era que tivera a acollida que teño, e tódolos mensaxes de cariño que recibo día a día, iso é o mellor.

 
  • A.G: En todas as redes socias o físico é un gran reclamo, e como comentaches nalgún vídeo, os teus seguidores son polos teus contidos, non por mostrar cachas nin tetas. Iso dálle un valor añadido, non?

Creo que a todo mundo lle gusta ver unha cara e un corpo bonito, e ultimamente nas redes a xente busca o like fácil ensinando, que a min pareceme perfecto, cada un é libre de ensinar o que queira, pero no meu caso a xente ségueme polo meu humor e pola miña espontaneidade, pero si que si a eso sumas unha cara bonita todo axuda non o nego.

 
  • A.G: Cal cres que foi o vídeo que te fixo viral?

Teño varios videos virais, pero creo que o que desatou todo foi un vídeo que salo bailando unha canción de Pili Pampín ca praia de Sardiñeiro de fondo. Ese vídeo grabeino cando foron as nevadas de Madrid, e saía un texto que poñia: "Se en Madrid flipan ca neve imaxinádevos se tiveran plaia."
Nese vídeo tiven tanto críticas de Madrileños como críticas de galegos dicíndome que que idioma falaba que se dicía plaia, e eu xa sei que no galego normativo é praia, pero aquí dicimos plaia e así o puxen, e aí empezou todo, empecei a facer vídeos contestando os comentarios dese vídeo e foi todo unha cadena.

 
@mamatopa_alba

Vos que preferides? ❄️ou🏖️ ##nieve ##playa ##galicia ##madrid ##galiciacalidade ##osgalegosdominantiktok ##costadamorte

♬ O Galo - Pili Pampín
  • A.G: Agora a dificultade está en manterse e seguir crecendo, tómalo máis enserio agora?

Tómomo máis en serio porque ao final isto engancha. Se estou un día sen subir un viíeo ou varios días sen facer un directo a xente xa me está preguntando cando subo algo, aí é cando me dou conta que a xente que me sigue está pendiente de min, entón hai que darlle a xente o que eles piden.

 
  • A.G: Es toda unha embaixadora do galego do pobo, coas suas virtudes e defectos, pero quen non coñece Galicia, difícil explicarlle que en cada zona temos variantes lingüísticos.

Eu teño unha maneira moi fácil de explicar as diferentes formas de falar galego, a xente de Madrid non fala igual o castelán que un de Sevilla, verdade? Pois unha persona de Fisterra non fala o galego como un de Ourense por exemplo. Calquera idioma fálase diferente dependendo da zona onde viva, sendo o mesmo idioma, a entonación ou acento xa cambia.

 
  • A.G: Tamén mostrás a beleza dos paisaxes que temos na nosa contorna, que Top 3 recomendarias visitar?

Sen dúbida se me teño que quedar só con 3 sitios, serían o Faro de Fisterra, a cascada do Ézaro e a Virxe da Barca en Muxía. Eu xestiono vivendas turísticas e eses tres sitios nunca faltan nas miñas recomendacións.

 
  • A.G: Pero a fama acarrea esas singulares persoas chamadas "haters" como levas?

O tema haters a verdade é que me provoca risa. Cando lle contesto cun vídeo a algunha crítica póñome no papel de enfadada, porque vexo que son comentarios ignorantes, a maioría deles son poñéndose co noso idioma, pero en realidade non me enfado, contesto así porque vexo que eso os meus seguidores gústalle, e os "meus haters" o que non saben que gracias aos seus comentarios eu creo máis contido.

Alba Castro e mamatopa  
  • A.G: Traballas de cara o público, como e a reacción dos clientes cando te recoñecen?

Meus pais teñen en Sardiñeiro un restaurante (Casa Lestón) e xa varias persoas viñeron a comer porque eu o recomendei nos meus directos en tiktok, e preguntaron por min alí e cando me vían eu a verdade que me daba vergonza, porque nunca imaxinei esto, que xente de detrás dunha pantalla lle fixera ilusión coñecerme e falar conmigo.

 
  • A.G: Para rematar, que lle dirías a esas persoas que aún non te seguen para que o fagan a partir de hoxe?

E as persoas que non me seguen animarías a facelo, porque o pasarían moi ben, co meu humor, cas miñas bromas, ca miña forma de querer Galicia e ensinala, e sobretodo do orgullosa que estou do noso idioma.

 

Entrevistas semellantes

Comentarios