Alerta en Fisterra pola presenza de cans de raza perigosa na rúa
08:08 16/06/16
O ataque dun can de raza pontencialmente perigosa a unha veciña de Fisterra provocou unha alarma social na vila que fixo que a asociación de veciños "Costa da Morte" presente un escrito no concello informando sobre o problema para que sexe éste quen tome medidas no asunto. No seu escrito, os representantes veciñais pide que os donos destas mascotas cumpran coas normas que pasan por estar escritos no rexistro municipal, ter o microchip identificativo, un seguro de responsabilidade civil polos danos que poden causar, ter ao día o cadro de vacunaciones e reunir os requisitos legais por parte do dono para poder ser propietario deste tipo de animais.
"Existen queixas dos veciños da zona do paseo marítimo de Langosteira, do paseo de Corveiro e de diversos lugares da vila pola presenza de cans soltos en xeral e de cans potencialmente perigosos sen boceira que en calquera momento poden causar unha desgraza" informan dende a asociación de veciños "Costa da Morte". Por este motivo, reclaman que o concello de Fisterra identifique aos propietarios destes cans co fin de que cumpran a normativa.
Porto de Fisterra
Por outra parte, os veciños de Fisterra presentarán tamén un escrito ante o concello solicitando a reparación do alumeado dos pantaláns e o mantemento dos mesmos xa que segundo informan "desde fai bastantes meses os mariñeiros acceden ás súas embarcacións en plena noite sen ningunha iluminación co consecuente risco que isto supón". Ademais, critican que as cámaras de vixianza non cumpren coa súa función por estar a zona ás escuras. Por último, dende a asociación de veciños fisterrá reclaman a limpeza dos pantaláns xa que están cubertos por mexillóns e algas que "aumentan inutilmente o peso da infraestructura".
Novas relacionadas
- 28-4-2016: A Asociación de Veciños de Fisterra presenta unha batería de melloras para a vila
- 17-2-16: A Asociación de Veciños critica que non fose a pleno a retirada da pintura da igrexa fisterrá
- 9-01-16: Un informe técnico conclúe que o encalado da Igrexa fisterrá foi totalmente arbitraria e inútil
- 8-01-16: As pingueiras volven colocar á Igrexa de Santa María das Areas no centro da polémica.
- Máis de 1300 sinaturas piden que se retiren as pinturas da igrexa de Fisterra.
- A tensión de cor aguamarina invadíu a Igrexa de Fisterra
- 01-12-15: Un libro do CSIC analiza a patrimonialización do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía
- Martiño Nercellas: Sobre a ética e a estética da restauración da Igrexa de Fisterra
- 9-11-15: Nace unha nova Asociación de Veciños para defender o patrimonio de Fisterra
- 11-10-15: Veciños e fregueses únense para protexer o patrimonio fisterrán.
- 05-10-15: Indignación en Fisterra pola restauración da Igrexa de Santa María das Areas.
- 25-03-15: Os veciños abuchean a rehabilitación do Santuario de la Virgen de la Barca.
- 9-11-12: O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Asociación de Veciños de Fisterra