Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Alumnado do IES Fin do Camiño segue recibindo premios audiovisuais

O Alumnado do IES Fin do Camiño segue recibindo premios audiovisuais
Despois do repunte de doacións de sangue grazas á campaña Fisterra Doa, os alumnos e as alumnas do IES Fin do Camiño presentaron onte outro dos traballos que realizaron durante o presente ano académico o alumnado de 2º da ESO. Os estudantes recibiron a visita de Cecilia Vázquez - directora xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación - quen quixo coñecer de primeira man o traballo de promoción que fixeron os alumnos de Fisterra sobre a campaña Querote+, posta en marcha polo seu departamento. Un dos materiais divulgativos elaborados polos rapaces e rapazas do IES Fin do Camiño foi un video no que explican en que consiste a campaña e que está colgada na rede, e que xa está no !! Os propios alumnos foron os que expuxeron os seus traballos. O alumnado do IES Fin do Camino expuxeron os seus traballos ante a directora xeral de Xuventude, Voluntariado e Participacion da Xunta O alumnado do IES Fin do Camino expuxeron os seus traballos ante a directora xeral de Xuventude, Voluntariado e Participacion da Xunta Quérote+ é un servizo ao que están adheridos varios centros co fin de proporcionar información e asesoramento á xuventude galega en áreas como as drogas, a sexualidade, a seguridade viaria, a convivencia, entre outras, nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.

Máis premios

Primeiro premio 2016 O reto do acoso escolar! Primeiro premio 2016 - O reto do Acoso Escolar!

Seguen colleitando os fisterráns, coordinados por Javier García, recoñecementos. Desta volta, o Primeiro premio 2016 do Concurso Musical e Audiovisual "O reto do acoso escolar"!, pero xa conta cos premios por #Fisterradoa, por Quérote e polos cibermentores. Todos forman parte do proxecto #Detiati:

 
Novas relacionadas Fonte

Comentarios