Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aprobado un PXOM de Fisterra que non convence a ninguén

Aprobado un PXOM de Fisterra que non convence a ninguén
Asistentes ao Pleno de Fisterra Asistentes ao Pleno de Fisterra

Non lle gusta a ninguén, pero a urxencia e a necesidade fixo que o pleno do Concello de Fisterra aprobase onte, tras 16 anos de idas e voltas, o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Un PXOM que foi aprobado con 7 votos a favor e 0 en contra, unha vez que o PP (ao que lle faltaba unha concelleira) decidiu non participar na votación. Algo inaudito pois nin votaron en contra nin se abstiveron, directamente non votaron, argumentando que non tiveron tempo de revisalo.

En todo caso, queda aprobado e pendente do “OK” definitivo da Xunta un Plan que foi redactado na súa maioría polo propio PP. Un Plan que estivo moito anos gardado nun caixón, que os dous novos grupos de goberno decidiron rescatar ao ser unha promesa electoral. “Non é o plan que máis nos gustaría, non é o plan que mandaríamos redactar, pero a urxencia e a necesidade fai que teñamos que darlle para adiante”, recoñecían dende o goberno, así como o concelleiro Xan García.

PSOE e BNG recoñecen que o Plan é practicamente o que deixara feito o PP, e só modificaron as esixencias da Xunta. Para o goberno, en todo caso, consideran que o crecemento debe ser ordenado, e que zonas como Mar de Fóra deberían estar restrinxidas, como esixiu a Xunta nas modificacións realizadas.

O Plan ten que pasar pola Xunta pero dentro de X anos, se Fisterra segue medrando, poderíase modificar e ampliar.

Baixada de bandeira

O Concello de Fisterra arria a bandeira da UE O Concello de Fisterra arria a bandeira da UE

Como fixeron outros concellos da zona, a corporación de Fisterra decidiu arriar a bandeira da Unión Europea e deixala a media asta para criticar o acordo de deportación masiva de refuxiados asinado pola UE con Turquía.

Renuncia a adxudicataria do Semáforo

Segundo La Voz, e sen confirmación oficial por parte do concello, a adxudicataria da polémica concesión do Hotel do Semáforo de Fisterra vai renunciar á mesma. Sería daquela o outro proxecto presentado, o da empresa deJesús Picallo, NCC Galicia, o que asumiría a concesión.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios