sábado. 07.12.2024
El tiempo

Arrinca en Fisterra “Temporada de Mar”, a campaña de promoción do produto local

Tono Garcia do Restaurante Material de Malpica
Tono Garía, do Restaurante Material de Malpica, estará esta tarde de 25 de novembro en Fisterra
Arrinca en Fisterra “Temporada de Mar”, a campaña de promoción do produto local

Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión e Muxía van acoller durante os meses de setembro a abril, actividades no marco do proxecto “Temporada de Mar”. Unha iniciativa para promover a rede de gastronomía de quilómetro cero no territorio do Galp Costa Sostible. Dende este mesmo 25 de novembro, unha serie de establecementos turísticos ofrecerá menús baseados nos mellores produtos locais, con especial protagonismo para os peixes e mariscos da zona.

A campaña promove o consumo de alimentos locais seguindo a filosofía do slow food, que aposta por alimentos "bos, limpos e xustos". É decir, destaca a importancia dun mercado sostible que fomenta o apoio á produción local e ao consumo responsable, invitando aos turistas e residentes a gozar da riqueza gastronómica da rexión mentres se contribúe á súa conservación.

Adrián Figueroa, do Restaurante Omakase. da Coruna
Adrián Figueroa, do Restaurante Omakase, estará esta tarde na Coruña

A xornada de presentación do proxecto terá lugar este luns 25 de novembro, ás 19:30, no Mercado Municipal (provisional) de Fisterra. O chef Adrián Figueroa, do Restaurante Omakase, experto en maduración e cortes de peixe, achegará unha visión innovadora para restauradores e produtores locais. Adrián Figueroa contará coa compañía de Tono García, o cociñeiro do Restaurante Material en Malpica.

Ademais, a participación de empresas complementarias de sectores como a artesanía, o turismo activo, as visitas guiadas culturais e o astroturismo, creando unha oferta integral que atrae tanto aos amantes da boa comida como aos interesados no disfrute da natureza e a cultura local.

Seguintes accións

A segunda actividade tomará lugar na Casa da Cultura de Cee, o mércores 27 de novembro de 2024, a partir das 19:30 horas. Consistirá nunha xornada dedicada á economía azul nas zonas pesqueiras, conducida por José Manuel García,
comunicador experto en gastronomía que durante anos estivo á fronte do programa "Comer e Falar" na Radio Galega.

Participará Sandra Varela Amado, cociñeira do comedor do CEIP Os Muíños e membro de Slow Food Compostela, quen traballa pola promoción dunha cociña que respecta a estacionalidade e a produción local. Tamén participarán Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro e defensor da pesca sostible e “influencer” galego da pesca e do respeto dos recursos pesqueiros; e Diego López Pedreira, experto en ecoturismo na Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", que integra o turismo co coidado do medio ambiente.

Máis novas

Comentarios