Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Os Axentes Colaboradores

eticantopagas
Os Axentes Colaboradores

Ola de novo, empresarios e empresarias da Costa da Morte! 

Na pasada publicación falamos dos contratos da luz, da dificultade de entendelos e dos problemas que nos pode traer asinar un contrato sen ter claras todas as condicións.

Nesta ocasión, quero falarche dunha parte fundamental do contrato. Trátase dun dos asuntos que máis inflúe no importe da factura da luz do teu negocio.

Non, non e o tope do gas, nin as subidas desorbitadas do prezo do kilovatio. Tampouco son as lecturas estimadas, nin se tes ou non instaladas placas solares ou algún outro tipo de enerxía renovable.

Estamos falando da marxe comercial que vos van a aplicar no voso novo contrato.
 

 

Seguramente xa sabes do que estamos falando, pero para os que non, o sistema de comercialización eléctrico funciona basicamente desta maneira: a comercializadora eléctrica merca a enerxía aos productores dentro do mercado maiorista, e véndea aos consumidores finais (que somos nós) aplicando o seu marxe comercial. 

Non quero entrar en moito detalle, simplemente quero que entendas o funcionamento. As comercializadoras, por exemplo Naturgy, Iberdrola, Endesa, etc. mercan a enerxía, e logo véndennola sumándolle a súa marxe de beneficio. 

Ben, e agora fágovos a pregunta do millón:

Quen decide a marxe comercial do voso contrato de luz?

As comercializadoras eléctricas dispoñen da figura dos Axentes Colaboradores para captar e xestionar contratos cos seus clientes. Estes axentes poden ter oficinas, como os puntos de atención que todos podemos atopar nos centros de poboación (oficinas de Naturgy, Iberdrola, Endesa…) ou poden non ter oficina, ser autónomos ou ter outro negocio complementario á venda de contratos. 

As comercializadoras eléctricas poñen a disposición destes axentes colaboradores unhas ferramentas mediante as cales poden elexir o marxe comercial que lle aplican ao cliente. 

É dicir, na maioría dos casos, estes axentes elixen a marxe comercial que se vai aplicar no teu contrato.

Sobra dicir que canto maior sexa a marxe comercial, máis pagarás nas túas facturas, máis beneficios para a compañía, e maior comisión tamén para o comercial ou axente colaborador. 

Canto menor sexa a marxe comercial, menos pagarás nas túas facturas, menos beneficios para a compañía e menos comisión para o comercial ou axente colaborador.

Podemos deducir que nos atopamos entón nun enorme conflito de intereses. 

O que é bo para a compañía eléctrica e para o axente colaborador, non pode ser bo para o teu negocio.

 

 

Por exemplo, ti vas a unha oficina a que che melloren as túas condicións actuais. Resulta que a esa oficina, a compañía eléctrica coa que colabora permítelle elexir entre 3 marxes comerciais diferentes: baixo, medio e alto. 

Como podes comprobar na seguinte táboa, canto máis aforro vos ofreza, menos vai gañar esa oficina. 

 
 

Marxe Baixo

Marxe Medio

Marxe Alto

Aforro anual no teu contrato

1000€

500€

200€

Comisión para a oficina

25€

100€

250€

 

Este sistema de comisións é algo habitual, podémolo ver tamén noutro tipo de negocios como as corredurías de seguros. 

O único que debes ter en conta é que esas oficinas tamén son negocios, e igualmente teñen nóminas, seguros e centos de gastos aos que facer fronte tódolos meses. Por este simple motivo, é moi probable que teñan que antepoñer os seus intereses aos teus e elixir aplicar marxes medios ou altos nos contratos para poder saír adiante.

 

 

Dende logo, non estamos en contra deste método. Trátase de subsistencia. O problema está en que, por desgracia, no tema da electricidade hai moito descoñecemento e moitas oficinas aprovéitanse desta situación para encher as súas arcas.

Por eso insisto tanto en que pidas as condicións por escrito, e as estudies antes de asinar ningún contrato. Nun seguro de coche, e moi fácil saber si o corredor de seguros nos fixo unha xogarreta. Se pactamos un prezo de 450€ anuais, e nos chegan 500€, xa sabemos que nos mentíu.

 Pero como podemos sabelo nas facturas da luz se cada mes nos chega un importe diferente e son prácticamente incomprensibles? Como saber se o axente colaborador nos cascou unha marxe alta? Como saber se estamos aforrando o que nos prometeron?
 Nas seguintes publicacións entraremos máis en detalle sobre as triquiñuelas que utilizan os comerciais e axentes colaboradores para que esteas alerta e non caigas nelas. 
 

 

Non olvidedes comentar e contar o teu caso, para que entre todos poidamos axudarnos!! Tamén podes comentar nas redes sociais co hashtag #eticantopagas.

MÁIS ARTIGOS DE MARCELINO EN QPC

Comentarios