Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Bela Fisterra, o único hotel presente na exposición Galicia Futura

Hotel Bela Fisterra
O Bela Fisterra, o único hotel presente na exposición Galicia Futura

Tense convertido en apenas un par de anos nun dos grandes focos de xeración de cultura máis activos da comarca de Fisterra. Presentacións literarias, eventos gastronómicos, recitais de poesía, concertos ou mesmo foros de debate, son actividades que semella non pasan desapercibidos tampouco na Xunta de Galicia.

Pero non só destaca a nivel cultural. O edificio, deseñado e construído polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco no ano 2018, é o que chamou máis a atención do comisariado da exposición Galicia Futura, que o escolleron como o único hotel que vai estar presente na exposición. Será un dos 9 edificios máis evolucionados na comunidade segundo a súa sostenibilidade, creatividade, o talento empregado e a adaptación á paisaxe, que está xa presentes no Museo do Gaiás, no marco desta potente exposición que se formula como será o noso futuro dende os puntos de vista da arte, a creación, a innovación ou a tecnoloxía.

Hotel Bela Fisterra evoca unha fabrica de salgadura

O comisario Miguel Anxo Cagigal destaca que a presenza do Bela Fisterra é un exemplo de ”arquitectura responsable que enraiza coa tradición e a arquitectura propia do lugar e coas propias tradicións da arquitectura industrial do lugar”. Os propios arquitectos explican que “é un proxecto cunha formulación especial que, sen esquecer a arquitectura tradicional feita en Galicia á beira do mar, aposta por novos materiais e novas formas de apertura á paisaxe”.
O hotel, cada unha de cuxas habitacións están dedicadas á literatura e o mar, evoca a arquitectura tradicional das conserveras e fábricas de salgaduras. Dous módulos rodean un patio central onde historicamente situábanse os tanques de auga para tratar o peixe. Hoxe ese espazo é un acumulador de auga de choiva que se redistribuye a todo o edificio para garantir o reaprovechamiento pluvial.

A súa presenza en Galicia Futura únese aos oito premios de deseño -catro deles internacionais- coas que foi recoñecido xa o hotel, que representou a España na Bienal Internacional de deseño.

Novas relacionadas

Comentarios