Xoves. 12.12.2019
El tiempo

O blues volve facer parada en Fisterra

Na presentación estiveron Manuel Muíño, deputado da Deputación da Coruña; Teresa Fdez., Concelleira de Cultura; uka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra; e Javier Turnes, director artístico do festival. xunto varios membros dos Bakin´Blues Band
Na presentación estiveron Manuel Muíño, deputado da Deputación da Coruña; Teresa Fdez., Concelleira de Cultura; uka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra; e Javier Turnes, director artístico do festival. xunto varios membros dos Bakin´Blues Band
O blues volve facer parada en Fisterra

Xa está en marcha a III edición do Fisterra Blues Experience. Unha das propostas máis frescas de música contemporánea que, aínda que lle pese a algún que outro veciño, chegou para quedar. E para traer do outro lado do Altántico, e levar pola nosa ría esta música de raíces.

Un Festival que serve de motor económico, e que atraerá durante a fin de semana do 28 ao 30 de xuño xente de toda Galicia. Un Festival que ademais achega un soplo de aire fresco musical e cultural a Fisterra, e á comarca, normalmente acubillada ante a ditadura da verbena.

Así o refrendaron os promotores, o Concello de Fisterra, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, e que fixo a presentación da edición diante da lonxa de Fisterra. Nun acto que serviu para dar conta dos tres dos protagonistas: a mítica banda cántabra Los DelTonos; o galego Víctor Aneiros; e a cantora da Illa de Reunión Morgane Ji.

Alén dos concertos, o festival volve apostar por unha interesante programación paralela con múltiples actividades, na que volveremos ter taller de baile, blues na escola, concertos en barco (unha das grandes atraccións do festival) e máis actividades (tamén para nenos) que se irán desvelando ao longo das vindeiras semanas.

As bandas

losdeltonos

Los Deltonos é unha das bandas clásicas do rock peninsular que desta volta veñen cun novo disco inapelable de cancións máis que sólidas, macizas: ‘Fuego’ (2019). Fundados en 1986 en Muriedas, Cantabria, comezaron como trío pero xa desde 2003 se converteron nun cuarteto que ten publicado xa 14 discos.

Víctor Aneiros pertence a esa raza de músicos que ao longo de varias décadas combinou sabiamente o sentimento blues coa enerxía rock alternando o galego, a súa lingua natal, o inglés e o castelán ao longo de oito discos, percorrendo practicamente todos os festivais tanto nacionais como europeos e realizando centos de actuacións nunha carreira chea de coherencia, sen máis concesións que as ditadas pola súa propio virtuosísimo como guitarrista e compositor.

Morgane Ji é o exemplo perfecto da fusión de múltiples culturas musicais. Desde a súa illa de Reunión natal chega esta artista con temperamento volcánico, con raíces misteriosas, africanas, índias e asiáticas.

Novas relacionadas

Comentarios