O Concello de Fisterra únese á campaña de trampeo de velutina
O Concello de Fisterra será outro dos Concellos da comarca que este ano colaboren na campaña de trampeo para capturar raíñas, e evitar así a construción de niños.
Lembran que "o dano provocado por esta especie no ecosistema galego é ben coñecido por todos e todas nós e é necesario formar á cidadanía e aportar os medios precisos para frealo".
O venres día 8 de marzo ás 18:00 horas no salón de actos do concello convocamos a veciñas e veciños que voluntariamente estean interesadas e interesados en sumarse a esta iniciativa. É necesario disponer de xardín, horta ou terreo para a colocación das trampas.
Colocaranse hasta 120 trampas, 80 serán repartidas ás persoas interesadas e quedará cubertos todos os lugares ou núcleos rurais das diferentes parroquias:
- Santa María das Areas
- San Martiño de Duio
- San Vicente de Duio
- San Xoán de Sardiñeiro