Deixan unha furna funeraria baleira no Faro Fisterra
22:53 26/06/17
Unha furna no Faro Fisterra
Que cousas tan curiosas acontecen no faro da fin da terra. A Policía Local se Fisterra retirou unha furna funeraria abandonada nun banco do cabo.
Máis curiosa foi a situación Cando a Policía procederon a retirala e custodiala e comprobaron que estaba baleira.
"Para o Concello supón certo problema, pois trátase dunha cuestión que presenta un baleiro legal, hai e regulamentación dispersa, e xa nalgúns puntos da Costa hai concellos que o regulan directamente e chega ser motivo de multa", explícanos o teniente alcalde, Kuka Sar. "Dende o Concello a idea é poñer control e fin a moitas das cousas que pasan no cabo, pois non é de recibo que os miles de visitantes que chegan a cada un se lle dea por facer calquera cousa. Todo debe facerse con orde e respectando o lugar para deixarllo aos seguintes nas mellores condicións", explica.
Ao parecer xa o domingo pola tarde, antes de que a Policía a atopase, a familia de Melanie Cambeiro vía a furna agochada entre uns arbustos. O curioso é que a familia deixouno aí pensando que a alguén se lle esquecera, e un día despois aparece no banco diante do Faro...
A furna estaba baleira
Fonte
- Redacción de QPC.