Martes. 11.08.2020
El tiempo

Deteñen un veciño de Fisterra por infrinxir a corentena, por condución temeraria sen puntos e por fuxir das autoridades

Deteñen un veciño de Fisterra por infrinxir a corentena, por condución temeraria sen puntos e por fuxir das autoridades

Endurécense as consecuencias da infracción do confinamento conforme pasan as semanas. Así o comprobamos coa prisión provisional decretadada a un veciño da comarca por incumprir reiteradamente as normas do estado de alarma. Hoxe os axentes da Garda Civil do Posto de Corcubión viviron unha situación complicada que provocou a detención dun veciño de Fisterra, que quedou en liberdade con cargos despois de ser acusado de tres delitos.

A patrulla solicitou, durante un control da corentena, o permiso de conducir ao home, momento no que este emprendeu a fuxida, puidendo ter atropelado dúas mulleres que se atopaban labores de desinfección das beirarrúas e que tiveron que apartarse. A Patrulla conseguíu detelo coa axuda doutras dúas dotacións da Garda Civil de Tráfico da Coruña e do Seprona.

O detido fóra investigado o pasado 2 de abril por un desobediencia e resistencia aos axentes da autoridade, tras non querer exhibir a súa documentación, insultando e ameazando aos axentes. A Garda Civil elevou unha triple denuncia así, por desobediencia e resistencia, condución temeraria e por circular con perda de puntos.

A Garda Civil tamén lle incauou 5 kilos de percebes que foran capturados de xeito ilegal, e que foron entregados á familia de APEM Cee.

Novas sobre o cumprimento da corentena

comentarios