Deteñen un veciño de Fisterra por infrinxir a corentena, por condución temeraria sen puntos e por fuxir das autoridades

Endurécense as consecuencias da infracción do confinamento conforme pasan as semanas. Así o comprobamos coa prisión provisional decretadada a un veciño da comarca por incumprir reiteradamente as normas do estado de alarma. Hoxe os axentes da Garda Civil do Posto de Corcubión viviron unha situación complicada que provocou a detención dun veciño de Fisterra, que quedou en liberdade con cargos despois de ser acusado de tres delitos.
A patrulla solicitou, durante un control da corentena, o permiso de conducir ao home, momento no que este emprendeu a fuxida, puidendo ter atropelado dúas mulleres que se atopaban labores de desinfección das beirarrúas e que tiveron que apartarse. A Patrulla conseguíu detelo coa axuda doutras dúas dotacións da Garda Civil de Tráfico da Coruña e do Seprona.
O detido fóra investigado o pasado 2 de abril por un desobediencia e resistencia aos axentes da autoridade, tras non querer exhibir a súa documentación, insultando e ameazando aos axentes. A Garda Civil elevou unha triple denuncia así, por desobediencia e resistencia, condución temeraria e por circular con perda de puntos.
A Garda Civil tamén lle incauou 5 kilos de percebes que foran capturados de xeito ilegal, e que foron entregados á familia de APEM Cee.
Novas sobre o cumprimento da corentena
- 10-04-2020: Prisión provisional para detido por incumprir reiteradamente o confinamento.
- 08-04: Interceptan un veciño de Camariñas pescando sen licenza en pleno estado de alarma:
- 06-04-20: Detido en Muros un home en busca e captura e coa parella da que tiña orde de aloxamento.
- 06-04-2020: A Garda Civil desaloxa o bar da confraría de Laxe.
- 03-04-2020: Tres mozos detidos en Vimianzo por incumplir as normas de confinamento.
- 01-04-2020: 1.440€ a un veciño de Vimianzo por incumplir, en 8 ocasións, as normas de confinamento.
- Dani Calvete: "O que peor levo é o medo a poder infectar á familia. Levo o protocolo ao extremo”.
- Dous carballeses condenados, tras ser detidos, a pagar unha multa de 360 e 480€ por incumprir repetidamente o confinamento.
- Dous talleres de confección do polígono de Bértoa, denunciados por incumplir as novas restricións.