As familias de Fisterra tamén se levantan pola falta de pediatra
Continúa sendo unha das graves carencias da Costa da Morte. O precario servizo de pediatría segue a ser un dos quebradeiros de cabeza máis importantes das nosas familias, que vén como o rural é tratado con desleixo polo servizo de sanidade pública.
Así acontece en lugares como Zas, Dumbría, Cee, Muxía, Carballo… e Fisterra. O Centro de Saúde fisterrán leva dende o 19 de xaneiro sen pediatra, e teñen que desprazarse ao centro ceense, xa colapsado, e coa súa profesional pendente de traslado. Un grupo de pais e nais reuníronse esta mañá co alcalde, Jose Marcote, e tenente alcalde de Fisterra, Kuka Sar, para trasladarlle o seu malestar e preocupación poisa situación parece que vai prolongarse ata o 19 de febreiro, data na que se prevé que se incorpore a titular do servizo, sen que outrª facultativª a substitúa, e sen ningunha alternativa aceptable,
Na xuntanza solicitaron ao concello de Fisterra que medie coa Xunta para acordar unha solución e anunciaron iniciar mobilizacións ata que o problema se solucione (a primeira terá lugar o vindeiro venres ás 11:00 da mañá na Praza do Concello, ao lado do Centro de Saúde), tendo como obxectivo o de conseguir unha solución permanente a unha situación que se vén repetindo moi habitualmente, ao non dispoñer nunca de ningún profesional que substitúa nas súas vacacións ou baixas axs titulares do servizo.
Así mesmo, anunciaron o inicio de contactos con grupos de nais e pais doutros concellos da comarca que tamén están a sufrir os recortes, de cara a unir esforzos na reivindicaciòn dun servizo de pediatría de calidade e permanente. Colaborarán, seguro, na toma colleita de sinaturas comarcal que comezaron dende a Plataforma Zas sen recortes en pediatría.
Novas relacionadas co precario servizo de pediatría
- Comezan unha campaña de recollida de sinaturas por un servizo de pediatría digno na Costa da Morte.
- Xaneiro 20: O PSOE carballés leva ao pleno a carencia de pediatras e falta de solucións por parte da Xunta.
- O 2020 comeza con novos recortes no servizo de pediatría de Zas.
- Decembro 19: Pechando o 2019 en clave feminista.
- Decembro 19: O temporal Elsa tamén levou… o pediatra de Zas.
- Setembro 19: O pleno de Zas acordou solicitar a recuperación do Servizo de Pediatría e aprobou unha declaración de emerxencia climática.
- Setembro 2019_ As familias de Zas piden outro pleno extraordinario ante a nova supresión do servizo de pediatría.
- 12-08-19: Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno”.
- 29-07-19: A Plataforma Zas sen recortes en pediatría únese á Rede de Colectivos en Loita.