xoves. 01.05.2025
El tiempo

Festón a medias en Fisterra

Festón a medias en Fisterra

Non defraudou a primeira cita electrónica na Axenda Sonora da Costa da Morte. O I Festival House Finisterrae xuntou a unhas 900 persoas que non pararon de bailar en toda a noite. Bueno, ou case toda, i é que en pleno éxtase cortouse a luz. Pasaban das 5:00h da mañá e os anfritrións dos Fisterras House Mafia xa levaban un bo rato dando caña, cando o grupo electróxeno rompeu (segundo a versión oficial). Resultado: todos para casa.

Así e todo a noite dera para moito. A música comezou a soar tralo partido e había, como comentan os dilleis fisterráns "xente a jodela". Pero por momentos pero o botellón mantiñan ás pandas fóra do recinto e por eso parecía que non estaba cheo. Iso si, cando o serbio Vlada Asanin e mais cando os fisterráns subiron ao escenario, non se cabía na pista de baile.

A única pega é que faltaron varios pinchas por actuar, e o que é peor, por cobrar. Varios dilleis da Oh Coruña!!, e o carnotán Miki Caamaño, chegaban como invitados dos fisterráns, e tiveron que dar volta sen darlle voltas aos seus platos.

Os propios fisterráns Brais The Nice, Fer Fisterra e Pana Velay amósanse algo descontentos co desenvolvemento da festa. "Que nos cortaran non pasa nada, que nós traballamos por traer á Costa un evento de estas caraterísticas. Nós seguiremos traballando como ata o de agora, por traer a música electrónica a Fisterra e á Costa da Morte e esperamos que ninguén pense que se cortou a luz para que só lucíramos nós. De feito, o único malo foi que os colegas da Oh Coruña e por exemplo Miki quedaran sen pinchar e sen cobrar", apunta Fer Fisterra. Así e todo, eles seguirán facendo todo o posible por seguir achegando a música electrónica á zona.

Aquí vos deixamos cunha ampla galeria de vídeos e de fotos do que foi o festón fisterrán. E para o ano máis!!! iso si, buscando unha nova ubicación, pero sempre en Fisterra.

Fisterra's Mafia @ Festival House Finisterrae 2011

Vlada Asanin

Galería de Fotos

Máis festa na Disco ZZ

Pero non para a festa e este Venres 22 de abril, a Discoteca Zona Zero ten Noite de Rock, cos concertos de "Step Brothers", de Cee e Filloas on the Stone.

Ademais, para o sábado 23 de abril, haberá un especial noite con DJ Peque.

Máis información

Xa saben, se queren contratalos non dubiden en contactar con eles a través do Facebook (Fisterras Mafia, ou enviando un correo a techmafia@hotmail.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos da Discoteca Factory Ponteceso.

Comentarios