Venres. 04.10.2024
El tiempo

Fisterra pon rumbo ao Blues

Presentacion do Fisterra Blues Experiencie 2019
Presentación do Fisterra Blues Experiencie 2019 no Hotel Bela Fisterra
Fisterra pon rumbo ao Blues

Xa avisamos que chegou para quedar. O Fisterra Blues Experience volve abrir ao Atlántico a vila do Cristo, achegando esta novedosa proposta musiqueira que trata de salvar á Costa da ditadura da verbena.

O festival, que pouco a pouco se afianza no panorama nacional bluseiro, encherá de música de raíces a vila durante o venres 28, sábado 29 e domingo 30 de xuño. Así o anunciaron esta mañá os seus responsables na presentación realizada no Hotel Bela Fisterra. Da guitarra do seu director Javi Turnes, do saxo de Lucía Oca e da poesía de Suso Bahamonde, o festival 2019 comeza a andar. Tamén estiveron o alcalde José Marcote, o teniente alcalde Kuka Sar, a vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín emais Xabier Mera, coordinador do #Bluesnaescola.

Esta terceira edición deste festival incorpora grandes nomes do blues galego, europeo e americano, como Rockin’ Johnny Burgin, Marcos Coll Band, Tonky Blues Band ou The Soul Jacket, bandas que se suman aos grandes nomes do curso xa anunciados como son Los Deltonos e Morgane Ji.

O festival está cheo de actividades paralelas ademais dos concertos que irán desenvolvendo na lonxa, no peirao, no Paseo da Ribeira, na Praza do Concello, no Castelo, na Rúa Real, no Hotel Bela Fisterra, no Varadoiro-Bar Pirata, no Pub Boulevar ou na Praza da Constitución, o corazón do festival.

Unha das citas máis esperadas son os concertos en barco, ese Blues A Bordo que combina a maxia do mar, da forza da nosa Costa, coa música en directo.

Ademais, as actividades amplíanse este ano, con slams poéticas con escritores da Costa da Morte, un roteiro sonoro da man de Xurxo Souto…

Podedes comprobar o programa completo en fisterrablues.gal.

cartel-Festival-fisterra blues esperience 2019

Sardiñeiro FiBE Off

Entre as actividades paralelas atopamos o Sardiñeiro FiBE Off, que se celebrará na tarde do domingo 23 de xuño en Sardiñeiro. Ás 18:00h Sira e a Illa levarán o seu contacontos-obradoiro aberto a todas as familias na Praia de Sardiñeiro; e de seguido, ás 19:00h, o Rumbo acollerá unah conversa arredor da experiencia do mar coa xente da vila.

#BluesnaEscola

Cando din que o BluesExperience é moito máis que concertos na rúa é por algo. O #BluesnaEscola xa comezou e máis de 70 rapazas e rapaces levan esta semana participando nos cinco obradoiros arredor do blues en cinco centros docentes: 2 de educación primaria, 2 centros de educación secundaria e a Escola Municipal de Música de Cee. O proxecto está coordinado por Xabier Mera e Iván Arceo, que repetirán obradoiros abertos ao público e un concerto na fin de semana do Festival.

Fisterra Blues nas aulas

Novas relacionadas

Comentarios