Fisterra loita contra ditadura da verbena

Que haia dous concertos na mesma fin de semana en dous garitos do mesmo Concello xa é algo estrano. Pero que ademais coincidan en día e hora... Con todo, gústanos ver que a ditadura da verbena está deixando paso a novas formas democráticas a modo de bandas de música da zona. Este venres, no Concello de Fisterra, hai doble sesión musical.
Show Irreverente dos Terbutalina no Boulevar Lounge Bar

O Boulevar Lounge de Fisterra segue afianzándose como o voceiro musical da comarca fisterrá. Así este venres 4 de novembro, ás 23:30h, terá unha nova sesión concerto de balde.
A protagonista será unha das bandas da zona con máis proxección. A banda do "Condado" de Muros, como eles lle din Terbutalina presentará o seu novo disco Broncodilatador.
Os culpables Migui, Mon, Samuel e Brais, berrarán aquelo do "Bailen, hostia, bailen", para traer a súa mestura diversión, velocidade e una irreverencia que os fai orixinais e únicos. Con unha posta en escea moi lograda e un percorrido por variados sons que ven dende as evocacións á música xamaicana ata o ska ou o punk que se está a desenrrolar na costa, Terbutalina ofrecen unha interesante proposta para escomenzar o mes de novembro e para dar o pistoletazo de saía á vindeira fin de semana.
Como "pescos" de Muros que son, a súa linguaxe e os seus códigos son perfectamente recoñecidos, polo que a simbiose có público está máis que garantizada.
Turnes&Mississipi en Sardiñeiro

Pola súa banda, o professor Turnes e Rafa Mississipi levarán o seu blues a dúo ao Canto da Area de Sardiñeiro, bar máis coñecido como O de Chus. A cita será o venres 4 de novembro a partir das 23:00h.
Máis información
Novas relacionadas
- Fisterra abre ós micrófonos para os amantes da música.
- A música en Fisterra, “sempre millor en directo”.
- Fisterra, canteira de pinchas.
- Abbey Road segue espallando encheu a música dos Beatles pola Costa.
- Terbutalina saca un novo disco Broncodilatador.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Boulevard Lounge.