Fisterra si terá Entroido… dende a casa!!
Anunciabamos a semana pasada que o Entroido de Fisterra 2021 quedaba suspendido. Pero dende o Concello non queren deixar un ano sen o “Entroido máis tradicional da Costa da Morte” polo que propoñen celebralo… en familia e dende a casa.
Do 1 ao 14 de febreiro podes disfrazarte de forma individual, en parellas ou en comparsa familiar (só podes participar nunha categoría das mencionadas), e únicamente os membros da unidade familiar (persoas conviventes), e sacar unha foto ou un vídeo (vale con coplas!!), ollo, con mascarilla, e enviala ao Concello (polo whastapp ao 699263964 ou ao correo [email protected]), ao tempo que imprimes e cubres as as bases, e mandas o DNI.
Máis actividades
Ademais, o Concello realizará algunha outra actividade, que pronto adiantará, entre as que destacan unha pequena homenaxe ao Entroido fisterrán onde se falará de toda a súa historia.
Novas do Entroido Fisterrán
- Entroido Fisterra 2020: Eló non vale un mundo o Entroido de Fisterra?!.
- Entroido Fisterra 2019: O Entroido de Fisterra, entre a tradición, a innovación e a retranca.
- Entroido Fisterra 2018: O Entroido de Fisterra, máis sagrado que a Resurrección.
- Entroido Fisterra 2017: As comparsas agudizan a crítica en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2016: O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2015: A retranca, polas veas de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.