Hostaleiros da Costa e Santiago unen forzas por un mellor servizo de transporte
Importantes conclusións as que nos achega Hostalería Compostela sobre a última xuntanza que veñen de ter cos empresarios do sector turístico do Camiño de Fisterra e Muxía. Xuntos, traballan para mellorar as comunicacións entre Santiago e a Costa da Morte e poder darlle servizo de transporte colectivo aos peregrinos. E non será porque non o levamos denunciado…
Os empresarios mantiveron esta semana un encontro con Monbus para intercambiar información, analizar posibles melloras nas conexións e dar resposta ao incremento na demanda de medios de transporte derivada do sector turístico. Ademais, e debido a que neste momento na concesión da empresa non hai autorizadas expresamente expedicións directas de Muxía a Fisterra e viceversa, Hostalería Compostela envíou un escrito á Dirección Xeral de Mobilidade para solicitar reforzos nos servizos existentes, máis expedicións entre a Costa da Morte de Compostela e unha conexión directa entre Fisterra e Muxía para atender aos peregrinos.
Para os empresarios do sector turístico é esencial darlle resposta a este incremento na demanda e mellorar as conexións tendo en conta o despegue que está a vivir esta ruta xacobea nos últimos tempos, polo que confían na sensibilidade da administración neste asunto de vital importancia para a zona e na posibilidade de establecer o antes posible a conexión directa por bus entre Fisterra Muxía e mellorar igualmente a conectividade dentro da Costa da Morte e entre esta zona.
Novas relacionadas
- Renovados os horarios de Autobuses en QPC, o único espazo de información unificada.
- Concello e Empresarios do Camiño en Muxía planifican a recepción de peregrinos.
- Madrid-Muros-Fisterra cun billete único entre Renfe e Monbús.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- O Camiño de Fisterra-Muxía podería ser o primeiro en apostar pola calidade.
Fonte
- Hostalería Compostela.