Medio millar de camiñantes puideron co tempo
Nova fin de semana chea de natureza na Costa da Morte, a pesar de que o tempo foi o inimigo número un. Ademais da Limpeza Simultánea de Praias, centos de persoas calzaron as botas para poñerse a andar. Os destinos, a fin da terra, o val de Soneira e os ríos de Sofán, gracias ás accións do Camiño dos Faros, das Andainas Costa da Morte e de Senda Nova.
Última etapa da 3ª edición do Camiño dos Faros
Chegou ao seu remate esta 3ª edición do Camiño dos Faros. Unha das propostas máis fantásticas realizadas a nivel turístico nos últimos anos, armada pola propia sociedade civil e da que as administracións terían que tomar nota. I é que achegar dúas veces ao mes medio millar de persoas á Costa da Morte a ver quen o consegue.
Nesta última etapa, os cantís foron protagonistas, roubándolle atención a un tempo que botou para atrás a uns 8 e pico trasnos que non se viron con forzas tralos chuzos de punta que arrasaron a zona ás 9:00h. Foron, aínda así, máis de 300 os trasnos que percorreron a última etapa.
Non sen antes ter disfrutado dunha pre-etapa fantástica, cunga antástica a charla de Alexandre Nerium no Museo da Pesca do Castelo de San Xurxo, unha cita chave para entender a cultura mariñeira fisterrá e costeira, un concerto na Fin do Camiño coa Traskiband e unha divertida traskiqueimada co conxuro do máis grande, Roberto Traba...
A etapa foi estupenda, o sol deixou paso e todos puideron disfritar destas lonxanas terras de Fisterra deleitaron aos camiñantes que desafiaron o tempo durante o domingo, despois dunha xornada de sábado na que a Traskiband puxo a nota musical en clave de imaxinación.
E para rematar, no Km.0, soaron as gaitas!
Unha exposición sobre o Camiño dos Faros
A repercusión está sendo tal, que esta mañá de luns o faro de Fisterra acolleu hoxe o acto de inauguración da exposición fotográfica “O camiño dos faros: Unha paisaxe en cada paso”, organizada pola Asociación O Camiño dos Faros, co patrocinio de Ferroatlántica e a colaboración do concello de Fisterra. A mostra estará aberta dende hoxe e ata o 29 de xuño na sala de exposicións do propio faro fisterrán.
Esta exposición é unha das iniciativas postas en marcha pola Asociación O Camiño dos Faros, que ten como obxectivo a promoción da ruta de sendeirismo que transcorre entre Malpica e Fisterra, pasando por todos os faros da Costa da Morte que se atopan entre ambas localidades, nun percorrido en oito etapas. Neste sentido, ademais de promover a ruta e mantela en óptimo estado, cada ano, a asociación organiza dúas edicións guiadas do percorrido, dividido en oito etapas, que inclúe o soporte loxístico aos participantes, charlas nos puntos de interese da ruta, visitas previas ás localidades que atravesa con visitas guiadas en colaboración cos concellos, etc.
Así mesmo, houbo participantes que asistiron a un curso de fotografía dividido en tres módulos que se impartiron durante tres fins de semana coincidindo con algunha das etapas do camiño e que, finalmente, cederon unha selección de imaxes para configurar a exposición inaugurada hoxe, que nace con vocación itinerante, co obxectivo de levala por todos os concellos que atravesa a ruta, tal e como explicaron os responsables da Asociación.
Andaina por Vimianzo
Foron 125 os camiñantes que desafiaron o tempo o sábado en Vimianzo, cunha molladura que ben valiu para pasar #LegadodoTibu. Pero mereceu a pena porque a ruta que uniu Vimianzo con Laxe é espectacular. Unha ruta que parte do castelo vimiancés para percorrer o curso do río Grande e rematar na praia de Laxe, con fermosas estampas urbanas-históricas, de ribeira, e de mar. Un completo espectáculo que tivo tamén no tempo o feroz inimigo que así e todo, non quitou o bo humor dos valientes camiñantes.
Camiñada dos IES Ponteceso
Tamén os alumnos de 3º ESO do IES de Ponteceso se armaron de valor para realizar a ruta polas Fragas do Eume. Pero a pesar de ter recollido algo de choiva, superaron con solvencia algunha sorpresiña en formato pendente no itinerario e de ter fixado na cachola como son algúns dos rasgos das árbores senlleiras do bosque atlántico galego.
Novas relacionadas
- 200 camiñantes descubriron os tesouros do fin da Terra nunha nova Andaina.
- Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.
- O VI Encontro Monte Pindo coñecerá a Moa baixo as estrelas.
- Senda Nova segue creando canteira de compromiso.
- O sendeirismo segue achegando mundos e creando conciencia na Costa da Morte.
- As Andainas que nos descubren o patrimonio aos veciños da Costa da Morte.
- Un ano de trasnos.
- A Costa da Morte venera o sendeirismo.
- Sendeirismo con conciencia.
- Limpando praias e conciencias.
- Senda Nova segue o roteiro do sendeirismo co programa Primavera en Ruta.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- As Andainas toman o relevo de Traski para vertebrar a pé a Costa da Morte.
- A divulgación 2.0 dos Camiños do Mar, finalista duns premios europeos sobre patrimonio.
- De Camiño dos Faros cos trasnos milenarios.
- Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca.
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
- A Costa da Morte segue lonxe dos primeiros destinos de Galicia.
- A FITUR coñece unha ducia de Costas da Morte.
- Presentado o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- Costa da Morte, unha das zonas máis virxes de España.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).