Natasha Lelenco trae a Mallas o VideaFest
O vindeiro sábado 14 de outubro, o VideaFest 2023 chega ata a fin da terra. A artista moldava afincada en Fisterra, Natasha lelenco, recibe na súa Casa das Peritas, este singular festival, que xa comeza esta fin de semana en Meaño, maridando gastronomía, arte, cine, música e sendeirismo.
A xornada fisterrá arrincará ás 11:00 cun Roteiro a Fontelavadoiro pola aldea de Mallas, á Casa das Peritas, onde Carlos Santiago fará un recibimento e realizará unha intervención literaria.
De contado realizaranse as primeiras visitas guiadas da man de Natasha Lelenco ao obradoiro da artista, co acompañamento musical de Gago e cata de Viños do Atlántico (Castes).
Ás 14:00h xantar proporcionado por Delfín, o chef do Mar.
Xa ás 16:00h Aldaolado, o dúo da premiada María Lado dará un concerto, antes do sorteo dunha peza da artista organizadora e da proxección do filme feito na comarca “Sica”.
Podes reservar xa a túa entrada en vivetix.
Novas relacionadas
- 2022: Casa das Peritas: "E o barco de pedra flotou”.
- 2022: O rural da Costa da Morte como “contexto” para unha exposición de arte na Casa das Peritas.
- 2021: Natasha Lelenco presenta Fetiches no espazo de arte Os Catro Gatos.
- 2019: A Casa das Peritas volve maridar arte nunha experiencia cultural única.
- Xullo 18: Arte e vermú na Casa das Peritas, un sopro de aire fresco á cultura da Costa da Morte.
- Xuño 17: Os mecenas salvan da queima do San Xoán parte do Gran Libro dos Señores Importantes.
- Abril 17: A Casa das Peritas, unha nova Galería no rural da Costa da Morte.