Novos cans abandonados por Fisterra, Mazaricos, Cee e Muxía buscan fogar en Salvacadelos

18:25 13/09/11
Esto é un non parar... Nas últimas semanas, sen saber moi ben por que, Salvacadelos está en plena efervescencia. Se dende a semana pasada 4 cadeliños buscan familia, esta semana son outros 4 os que precisan un novo fogar.
Cadeliño de Brens
Este can de raza pequena foi atopado en Brens esta semana.

Cadeliña muxiá
Esta pequena coa lingua fóra é unha cadeliña de raza pequena, non chega ó ano, e foi atopada en Muxía.

Cadeliña fisterrá
Esta fermosa negra e marrón é unha cachorriña de raza pequena de 2 meses. A historia é triste, xa que apareciu abandonada unha camada en Fisterra. Os que a atoparon quedaron con un cachorro e levaron 3 á Salvacadelos, e xa só queda esta por colocar.

Unha cadela eólica
A negra e blanca encontrárona nunha zona de eólicos en Mazaricos. É de raza pequena, terá sobre 1 aniño.

Máis información
- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
Buscan familia
Novas relacionadas
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
- Remata un duro verán en Salvacadelos.
- 3 novas familias salvadoras en Salvacadelos.
- Novas de ida e volta en Salvacadelos.
- Rito xa viste de negro coa súa nova familia de Salvacadelos.
- Presentación en socidedade de Salvacadelos.
- As mamás de Salvacadelos.
- Unhas veciñas de Camariñas, as heroínas de Salvacadelos.
Fonte
- Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).
- Clínica Veterinaria Argos de Cee.