O BNG de Fisterra pide un pleno urxente para tratar a detención do Secretario


Segue Fisterra conmocionada trala detención do Secretario do Concello. E os primeiros que saltan á voz son os membrosdo BNG fisterrán que piden ao Alcalde que "convoque un pleno extraordinario urxente para informar da situación xerada pola detención do secretario municipal, pedindo información sobra a situación administrativa na que pode quedar o Concello, e como vai evitar a parálise dos asuntos administrativos propios da súa función, moitos deles de especial relevancia para a dinámica de funcionamento administrativo local".
Por iso piiden que sexa o alcalde o que convoque o pleno, pero aseguran, se reservan outros métodos para facelo. Así e todo, "dáse o paradoxo de que aínda non sabemos como poderá formular o Alcalde a súa convocatoria, cando dita funcións recaen precisamente na figura do secretario que non está inhabilitado e compételle a súa tramitación".
"Independentemente dos motivos que están detrás da detención, e respectando o papel e traballo da xustiza para que depure as responsabilidades xudiciais pertinentes, e sendo cautelosos en non interferir no procedemento de investigación xudicial, consideramos que o o Alcalde ten o deber de informar da grave situación administrativa na que pode quedar provisionalmente o Concello de Fisterra, se hai risco de parálise ou de demora importante de asuntos administrativos, certificacións, organización e funcionamento relevantes que causen un prexuízo á veciñanza".
Invitan ao alcalde a dar conta "do alcance, nos posibles feitos motivo da imputación deste funcionario, da alteración das arcas municipais e de se nos últimos tempos se ten constatado posibles efectos negativos derivados desta situación".
Novas relacionadas
- 5-11-13: Detido o Secretario do Concello de Fisterra por presunto delito económico.
- A Operación Orquesta por Concellos (II): Fisterra.
- A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.