Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG fisterrán critica a deixadez do grupo de goberno para contratar as Brigadas municipais

O BNG fisterrán critica a deixadez do grupo de goberno para contratar as Brigadas municipais

"Non é tan complicado contratar as Brigadas de intervención municipal", valoran dende o BNG de Fisterra. O grupo da oposición quere manifestar a súa preocupación pola "absoluta incapacidade do goberno local para levar a cabo asuntos de vital importancia para o noso municipio coma son o fomento e a creación de emprego para a xente máis nova".
I é que oito meses despois de se teren convocado as axudas para a contratación de persoal temporal a través dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia, aínda non hai brigadas encargadas da limpeza e mantemento de vías públicas (xardíns, cunetas...).

Dubidan dende o BNG se a non contratación sexa por mor da "desidia" do grupo de goberno, ou se "hai algo máis", como algunha "razón de tipo partidista e que os aspirantes ás prazas sexan persoas que verdadeiramente o necesitan e non só parentes, amigos ou afíns do partido".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios