Martes. 05.07.2022
El tiempo

O BNG sospeita que a Autovía sexa de peaxe e o PP critica a súa política do medo

O BNG sospeita que a Autovía sexa de peaxe e o PP critica a súa política do medo

O pasado venres coñeciamos que obras da Autovía están paralizadas. I é que segundo a Xunta as dificultades financieiras da UTE adxudicataria obrigaron a ralentizar o ritmo das obras, a verdade, bastante avanzadas para o que estamos acostumados. Hoxe, BNG e PP amosan os seus contrarios pareceres sobre esta suposta parálise.

O BNG denuncia un peaxe encuberto

O BNG da zona, achegábase a unhas das zonas en Baio, criticaba esta semana a paralización das obras e avisa de que a intención da Xunta é crear unha confusión entre a cidadanía para instalar unha peaxe que catalogará de necesaria ante as dificultades financieiras. Os edís do BNG recordaron as malas experiencias coa AG-55.

"Calquera que faga un percorrido polo territorio pode comprobar que non é certo, que as obras están totalmente paradas, e mesmo que foi retirada unha boa parte da maquinaria. Que llo digan aos locais de hostelería da zona, que están a botar en falta a todos os traballadores que tomaban café pola mañá, ou comían a mediodía. Que non nos mintan máis. A realidade é que as obras están paradas por falla de financiación", denuncia

Mocións

O BNG larachés e o BNG fisterrán anunciaron que van presentar unha moción para instar á Xunta de Galiza a "garantir que a autovía Carballo-Berdoias vai ser construída no prazo comprometido, rematando as obras en maio de 2013" para "garantir que esta infraestrutura vai ser sempre libre de peaxe para os usuarios e usuarias".

O PP critica ao BNG

“Os mesmos que calaron, sendo cómplices dos que non fixeron nin un metro de autovía, son os que agora permítense esixir á Xunta que ten a autovía en obras”, protestaron os membros do PP. I é que os deputados do Grupo Popular Alberto Sueiro, Marisol Piñeiro e Gema Freire manifestaron hoxe que “a única realidade é que as obras da autovía da Costa da Morte non están paralizadas, porque, fronte ao que intentan vender os responsables do BNG, a execución dos traballos avanzan desde os seus inicios a un ritmo crecente, ata o punto de superar amplamente, aínda a día de hoxe, as previsións establecidas no cronograma de execución”.
Máis en concreto, os deputados populares explican que “concluída a etapa da construción que fixo posible que a traza da autovía estea practicamente aberta na totalidade do seu percorrido, a UTE concesionaria das obras está a negociar coas entidades financeiras o financiamento do resto dos traballos”.

Mantendo os prazos

“A autovía da Costa da Morte segue a executarse conforme ás previsións establecidas e a empresa concesionaria ten a capacidade para axustar o ritmo de execución ás necesidades da obra co único obxectivo de cumprir o compromiso emanado do contrato subscrito no seu día”, puntualizaron os membros do PP, que lembraron que o remate desta autovía está previsto para o segundo semestre do vindeiro ano 2013.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios