Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Camiño Francés en 7 días co peregrino de ferro

O Camiño Francés en 7 días co peregrino de ferro
Steelman X esta facendo o Camino en 7 dias

Xa ven de Camiño. E nunca mellor dito. E ollo que chegará en menos do que pensamos. Onte aínda estaba por Castilla, entre Burgos e León, pero é que o reto do peregrino de ferro é diferente. Steelman X quere percorrer o Camiño Francés, ata a fin do mundo, e os seus case que 900 km, en tan só 7 días. Correndo e sen ningún tipo de apoio externo.

Así é o desafío deste home, amante das aventuras, das viaxes polos 5 continentes e os 3 polos. Levando o deporte de alta competición ata o extremo, e sempre con gañas de desafiar a natureza. Desta volta, batirá 3 "Récords del Mundo".

Podedes seguir o seu día a día a través do Facebook de Steelman X. Un proxecto ademais que será emitido en 20 países gracias ás produtoras Ingravid Films, Fullaraca Produccions e Play rec media.

E boa participación tamén as entidades da zona. Por exemplo o Hotel Casa Jurjo en Mazaricos, que foi o que nos informaba do desafío, co colabora acollendo á comitiva as poucas horas que poidan durmir a noite do xoves 21 ao venres 22. Polo que o venres xa o veremos chegar á fin do mundo.

O propio Jorge Jurjo recapacita sobre a importancia destas accións. "O reto e unha gran promoción para nosa zona e está sendo rodado por unha produtora española para emitilo en máis de 20 países".

Un novo exemplo do poder mediático do Camiño de Santiago. Un tesouro que aínda non sabemos valorar na súa medida.

Máis información

Novas relacionadas

Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera

Fonte

Comentarios