O sendeirismo vence o tempo

Non temos medo ao tempo na Costa da Morte. Así o demostran cada fin de semana os bravos que desafían as inclemencias metereolóxicas para disfrutar da nosa virxe natureza no seu estado máis puro. Esta fin de semana foron dúas as rutas que se levaron a cabo na zona, unha por Camariñas, coincidindo ademais coa simbólica homenaxe aos náufragos do Serpent; e a outra tivo lugar pola Ruta das Férvedas de Carballo, sendo a 3ª das 7 rutas que ten Senda Nova preparadas ata final de ano.
5ª etapa do Camiño dos Faros

O sábado 9 de novembro amencía cuberto pero iso non impediu a 85 trasnos facer a quinta etapa do Camiño dos Faros entre Arou e Camariñas. Sen dúbida, un das mellores tramos, a orixe da Costa da Morte.
A primeira parte da etapa é un tramo de coídos de cantos rodados no medio dunha paisaxe única, ata chegar ao pequeno Porto de Santa Mariña. A choiva arreciaba pero o espectáculo continuaba subindo á duna de Monte Branco, desde a que se ve unha das panorámicas máis espectaculares do Camiño dos Faros, coa duna, a praia do Trece, toda a Punta Boi e o Cemiterio dos Ingleses. Alí arriba, con vento perpetuo, as sensacións son difíciles de describir.

Desde alí os trasnos baixaron pola duna á Praia do Trece, que atravesaron ata chegar ao Cemiterio dos Ingleses. Despois do avituallamiento, o escritor e investigador Rafael Lema ofreceu unha charla maxistral e perfectamente documentada, tanto do topónimo de Costa da Morte como do Serpent e da falsa lenda de raqueros que ten esta costa. Por sorte, deixou de chover no momento xusto, manténdose seco o resto da etapa.
Continaba a etapa ata o Faro Vilán, onde agardaba á expedición Cristina Fernández, farera de Cabo Vilán e unha das primeiras mulleres torreiras de España. Logo da típica explicación do faro e todos os seus compoñentes, alegrou a charla cun sinfín de anécdotas da súa Vida no Vilán. Entrañable e moi divertida.

A etapa rematou no Curbeiro, tomando algo e pensando na vindeira etapa.
Ruta con Senda Nova

Rebosante estaba a Fervenza de Entrecruces. Así a puideron disfrutar os 40 camiñantes que se apuntaban á terceira camiñata do programa Outono en marcha da Asoc. Senda Nova.
O destino desta etapa foi a depresión meridiana. A falla que, de norte a sur, cruza Galicia foi o eixo que vertebra a Ruta das Férvedas. As igrexas de Entrecruces e Ardaña aséntanse nela e tamén o fai a de Rus, templo carballés considerado como catedral de Bergantiños. Grazas ao contacto coa poboación local, se puido disfrutar del e do seu interior ao igual que a capela de San Paio, xoia con características góticas que alberga unha impresionante bóveda de crucería.

Antes de chegar a este templo (remate da marcha), a etapa cruza dous saltos de auga fermosísimos nestes días de tanta auga. O salto que forma o río de Calvos na férveda de Rus e os 43 metros de caida da férveda de San Paio. Fermosísimas fotografías as que puideron tomar tamén cada un dos 78 camiñantes que disfrutaron deste último roteiro interpretativo polas parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces. E así de fermosa estaba a Férveda de Entrecruces.
Últimas novas
- Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Traski guía un centenar de trasnos polo litoral costeiro.
- Senda Nova pon en marcha 7 rutas de Outono.
Máis información
- Galería da 4ª etapa do Camiño dos Faros.
- guiacostadamorte.blogspot.com: O Camiño dos Faros.
- O Camiño dos Faros no Facebook.
- Recunchos da Costa.
Novas relacionadas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Máis novas
- A ornitoloxía tamén embriaga aos trasnos.
- Senda Nova pon en marcha 7 rutas de Outono.
- Natureza, historia e etnografía facendo sendeirismo por Malpica.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
Máis novas
- O primeiro Roteiro Natural do Concello de Malpica cumpre 25 anos.
- Os Camiños do Mar lévannos a Ponteceso.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).