O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra
Tremendamente emotiva, coma sempre, a Semana Santa de Fisterra. Unha completa semana de procesións e festas, que remata hoxe coa verbena de Nueva Generación. E tras 4 días de procesións, unha das citas máis importantes é a representación da Resurrección, que se celebrou no campeiro da Igrexa de Santa María das Areas ante milleiros de fieis e turistas nun día no que se abriu o ceo para deixar a Lorenzo alumear a festa tras varios días de choiva.
Devoción e cultura mesturáronse na vila do Cristo, nunha mellor dito, ao longo destes días días. Esta Festa de Interese Turístico Nacional demostrou unha vez máis a súa potencia, facendo que non quedara unha soa cama sen vender en toda a zona.
A tradición tamén estivo presente e as "Danza dos Paos" e a "Danza de Arcos" demostraron que Fisterra tamén baila.
I é que houbo de todo na Semana Santa fisterrá. O Faro Fisterra estivo tomado polas obras do concurso Jesus Núñez. Ademais, o pasado domingo de Ramos, a Anpa Nosa Señora do Carmen organizaba a II Exhibición de Danza tradicional. A pasada noite de domingo, foi a Panorama a que fixo vibrar a toda Fisterra.
Novas relacionadas
- Fisterra si terá Festas do Cristo.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama "montou un bo cristo" en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: "A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).