Os ADLs da Costa da Morte tiran polo Desenvolvemento Local a nivel nacional en tempos de recortes
Son 69 concellos de todo o país os que asinan esta Declaración en Apoio aos Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local en Galicia. E 11 son da Costa da Morte, unha das potencias máis importantes do país a través da activa Afiprodel (Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local). De feito, esta mesma mañá de luns 18 de xuño de 2012, a entidade costeira, e a Feprodel (Federación Española de Profesionales de Desarrollo Local), artellan unha xuntanza entre entidades para defender, nestes tempos de crise, por un dos poucos estamentos que quedan loitando contra a debacle do emprego en Galicia, partindo do local como estratexia de desenvolvemento económico para os territorios.
Estes Servizos, que xestionan os propios Axentes de Desenvolvemento Local (ADL), están levando a cabo unha campaña de defensa dos mesmos, pois na maioría dos casos dependen dos programas públicos, e os recortes estánlles afectados duramente.
Neste contexto, organizan un acto en Fisterra para reunir a técnicos, alcaldes e axentes socioeconómicos, e para presentar precisamente esa "Declaración en Apoio aos Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local".
A cita será este luns ás 17:00h no Salón de Plenos do Concello de Fisterra, e intervirán Dolores Pena Pena, presidenta de Afiprodel, quen presentará o acto; José Manuel Traba, alcalde de Fisterra, quen fará unha presentación da Declaración; Osvaldo Santos, vicepresidente de Afiprodel, quen resumirá o papel e resultados do traballo dos profesionais de Desenvovemento Local; ademais de varios representantes de concellos e axentes socioeconómicos.
Novas relacionadas
- Conclusións activas para o Desenvolvemento Local.
- Afiprodel prepara un proxecto piloto de desenvolvemento local dende a Costa da Morte para Galicia.
- Os grupos culturais da zona poden inscribirse xa na Rede Cultural 2012 da Deputación.
- A AFIPRODEL cómese o país.
- 5 concellos perderán o Servizo de Orientación Laboral se non unen as súas forzas.
- O Consorcio de Turismo, a crise, a Lonxa Comarcal e os ADL centraron o II Foro Costa da Morte.
- Aulas Costa da Morte: Da universidade á periferia.
Fonte
- Nota de prensa de Afiprodel.