venres. 08.11.2024
El tiempo

Os Hosteleiros de Santiago promoverán o Camiño a Fisterra e Muxía

Os Hosteleiros de Santiago promoverán o Camiño a Fisterra e Muxía
A Hostelería de Santiago potenciará o Camiño ata Fisterra e Muxía

Importantísima é a promoción da prolongación do Camiño á nosa bisbarra dende Santiago. Importante será cada acción que fagan os hostaleiros da capital galega e do epicentro da peregrinación europea. E nesa liña, a Asociación de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago e Comarca lanza unha campaña para potenciar o Camiño de Fisterra e Muxía.

I é que dende Compostela vén na prolongación costeira un filón por explotar, pois esto da fin do mundo vende moito. "O Camiño de Fisterra e Muxía é un dos que máis medrou nos últimos anos", aseguran, "pero aínda posúe un enorme potencial de crecemento. Santiago é a principal porta de entrada do turismo internacional e a cidade galega co maior grao de especialización turística. Por iso supón unha oportunidade de desenvolvemento para toda área de Compostela, e moi especialmente para os lugares que posúen un importante potencial turístico, como é o caso dos concellos polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía".

Así, o colectivo empresarial quere promover o turismo internacional e combatir a oferta ilegal nesta ruta xacobea, canalizando os fluxos turísticos caraa Costa, e loitando contra a desestacionalización do sector.

Hostelería Compostela, que aglutina a máis de 1.500 socios e hospedaxe e restauración de 55 concellos da área de Compostela, está a desenvolver unha campaña para ampliar a súa masa social e ofrecer aos hostaleiros que desenvolven a súa actividade no Camiño de Fisterra e Muxía, todo o seu coñecemento, experiencia e a súa capacidade de influencia para a toma de decisións.
Mario López, do Departamento de Márketing de Hostelería Compostela, está a servir de ponte en os hostaleiros santiagueses e costeiros.

Novas relacionadas

Comentarios