Os mariscadores de Fisterra recibirán visita parlamentaria
Os mergulladores terán que seguir traballando en apnea. Por agora iso non vai cambiar. Mentres, os mariscadores da zona de Fisterra poderán explicar as súas demandas aos responsables políticos do BNG, nunha xuntanza artellada para esta tarde de venres ás 19:00h no salón de plenos da casa do concello.
Ata Fisterra desplazarase o parlamentario en materia de pesca Daniel Rodas, que informará sobre as respostas que o goberno do Partido Popular dou ao Plan Experimental de explotación mixta, na modalidade de recurso específico con suministro de aire para a recolección de ameixa e longueirón que o BNG presentaba no parlamento hai escasas semanas.
Na xuntanza, o BNG pretende "informar das iniciativas levadas a cabo (mocións, iniciativas parlamentares, etc...) e posibles accións futuras en relación coa problemática do sector entre as que contamos: o plan de explotación de algas e anémonas, consecuencias do peche do centro de expedición, a necesidade do contradique de abrigo, a dotación dun surtidor de combustible para o porto, a situación do plan de continxencias local contra a contaminación mariña (CAMGAL) ou a importancia que o plan de financiamento da REDE NATURA 2000 podería ter na potencialización do sector".
Novas relacionadas
- Os mergulladores terán que seguir traballando en apnea.
- Os mergulladores de Fisterra piden poder traballar con osíxeno.
- O surtido de gasolina do porto de Fisterra chega ao Parlamento.
- Protestas polo peche do centro de expedición de longueirón en Fisterra.
- Volven pedir un contradique no porto de Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.