Os mergulladores terán que seguir traballando en apnea

Presentaba onte o BNG no Parlamento unha proposta para que os mergulladores puidesen traballar con osíxeno e sen a técnica do raño. Pero parece que por Fisterra van ter que seguir buceando a apnea para coller longueirón, e van ter que seguir mantendo erguidas as costas para extraer co raño, a pesar do perigoso que é para a saúde.
I é que os votos do PP rexeitaron a proposta do BNG para extraer ameixa con aire e buscar unha maior calidade do recurso. O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu un plan experimental de explotación mixta, mediante subministro de aire, de ameixa rubia, navalla e longueirón nos bancos infralitorais do areal da praia Langosteira no concello de Fisterra, como demanda do propio sector.
O deputado dixo que "na práctica, as embarcacións e os mariñeiros son os mesmos polo que considerou que este é un modelo que se pode mellorar ao ser un oficio moi duro e con repercusións físicas graves ao tirar con forza do angazo”.
A proposta terá que esperar, e os mergulladores seguirán tirando do raño… e do peito.
Novas relacionadas
- Os mergulladores de Fisterra piden poder traballar con osíxeno.
- O surtido de gasolina do porto de Fisterra chega ao Parlamento.
- Protestas polo peche do centro de expedición de longueirón en Fisterra.
- Volven pedir un contradique no porto de Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.